Mostrando entradas con la etiqueta Como camiñar nun prado inzado de rastrillos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Como camiñar nun prado inzado de rastrillos. Mostrar todas las entradas

martes, 26 de agosto de 2014

Milagro de North Jackson no Palomar (e II)

Empeza-la segunda parte dun texto que se contaba escribir do tirón parécese ós primeiros minutos dunha prórroga. Ambos equipos, e o escritor tamén, acaban de pasar por un pico de tensión e francamente esperaban estar descansando a estas alturas, así que empezan deixándose levar.
Mentras o escritor comenta algunha xeneralidade para ir tapando a pantalla, os North Jackson Chiefs fan unha ou dúas faltas rutinarias, solo por meterse outra vez na dinámica do xogo. Unha delas cométea Travis Smith, o rapaz que tivera o partido nas súas mans un minuto antes. É a quinta; queda eliminado.
A estas alturas, todos estamos cargados de faltas. Despois de Smith sona un silbato que envía a outro Chief ó banquillo. Volve sonar e esta vez o eliminado é un rapaz de Ribadeo. Con dous minutos de prórroga xogados, os Chiefs non teñen ningún sustituto dispoñible, así que están exactamente igual ca nosoutros, aguantando cos cinco últimos xogadores dispoñibles. Os de Ribadeo, pola súa parte, teñen dous xogadores en cancha.
Unha das técnicas de defensa máis crueles do baloncesto consiste en deixarlle o balón e todo o espacio que queira ó peor do equipo rival, únicamente cortándolle as liñas de pase. Chámaselle "flotar ó xogador".
Cando eres rotundamente malo entras na cancha seis ou sete minutos cada partido para que descanse o teu titular e para realizar certas labores loxísticas que fan que o partido siga en movemento: cortar á zona para abrir espacios, pasar pronto a pelota para que circule con velocidade, bascular en defensa de lado forte a lado débil, ir ás axudas e ós bloqueos e a pecha-los rebotes.
Pero no medio dunha xogada calquera veste coa pelota nas mans, con todo o tempo do mundo para pensar e elevado de todas esas labores oscuras que te abruman, e a situación toma un tinte irreal, onírico. Os rivales mírante con respeto, deixando distancia.
Entonces caes na conta de que hai un reloxo correndo e necesitas toma-la responsabilidade de atacar, e sintes que te acaban de pillar bailando cando xa apagaran a música. A partir daquí o único límite márcao a túa desesperación: tiros de nove metros, dobles flagrantes, bandexas cos dous pés no chan... Eu unha vez púxenme a botar, funme fácilmente do meu defensor e mentín unha canasta fácil, con inusitada solvencia, solo para descubrir que confundira a liña do campo de baloncesto cunha de futbito que había pintada ó lado e levaba desde o principio da xogada botando fóra.
Na prórroga atacamos coma si nos estiveran flotando ós cinco á vez; sin posicións, sin orden nin concerto, con botes nos pés e pases mal dados. Aínda así, a trompicóns, vamos metendo algunha canasta, porque despois de todo estamos xogando contra dous.
Entonces chega o peor momento: un dos de Ribadeo colócase na liña de fondo para sacar, molestado aínda que non moito por un dos nosos, mentras que o outro corre en zig-zag para encontrar un pase e tódolos demáis tratamos de defendelo ou tapa-lo pase ou bascular ó lado débil ou sabe dios qué, pero en xeral acabamos correndo detrás del como unha fila de patos seguindo a súa mai.
Encontran o pase unha e outra vez, e a partir de ahí o que saca nin siquiera se molesta en subir ó ataque; quédase no seu campo mirando cómo o seu compañeiro e os catro incompetentes que o seguimos, desesperados e a punto de desbandar, nos vamos achegando pouco a pouco á canasta. Un par de veces incluso se senta, na súa bombilla. Despois nosoutros tropezámonos ou facémonos bloqueos a nosoutros mesmos, ou saltamos todos a un tempo, catro defensores caendo á vez na mesma finta, un espectáculo digno de ver, e cando nos queremos dar conta o de Ribadeo meteuos outro triple.
Mentras tanto, no outro partido ambos equipos teñen un número previsible de xogadores e esquemas razonables, así que se mantén equilibrado. Cando quedan menos de dous minutos para o final da prórroga, os silbatos sonan tres veces. Dúas delas, apenas con dous segundos de diferencia, marcan a eliminación de dous Chiefs. A terceira é no Palomar. Ó triplista de Ribadeo escápaselle o balón e fórmase unha montonera, plumas volando por todas partes, durante a cal me pegan un manotazo na muñeca. Probablemente alguén do meu equipo, aínda que solo sexa por estadística. O árbitro para o partido e pítame falta a min. A quinta, tamén. Terei que ve-lo final do partido no banquillo.
A falta de 32 segundos por xogarse, North Jackson vai tres puntos por detrás de Fort Payne, con dous xogadores menos en cancha e sin a posesion. A lóxica dicta que faigan falta e paren reloxo, posiblemente Chad Cobb que solo leva dúas, e despois esperen ó fallo de Fort Payne nos tiros libres. En lugar deso, tenen un destello de boa sorte e un xogador de Fort Payne comete pasos, así que recuperan a pelota directamente. Cobb asume a responsabilidade do ataque. Recibe do pivot, levántase en carreira marcado por dous xogadores e lanza un triple desde moi lonxe. O balón describe unha parábola moi aberta e acaba entrando limpia.
O público que abarrota o pabellón vólvese tolo, as cheerleaders animan, Jad e Robert gritan emocionados, Thomas Lake tén que pasarse ás maiúsculas na transcripción porque o speaker do pabellón está gritando, con toda a forza que pode "¡EMPATE A 67!". Eu míroo desde o banquillo e probablemente sexa porque aínda estou cabreado pola miña eliminación, pero non me resulta particularmente emocionante.
No mesmo episodio de Radiolab no que oín esta historia entrevistaban antes a Malcolm Gladwell. Estaba presentando un libro sobre David e Goliath, posiblemente todo o programa fose unha excusa para falar con el. Gladwell defendía en Radiolab que deberíamos apoiar ó favorito. Argumentábao de moi diversas maneiras, o tipo é brillante; decía por exemplo que o que está en desventaxa teórica pode xogar coas normas: permitímoslle a David que vaia armado, ó Atlético que se dedique a defender durante 50 minutos na final da Champions League. Supoño que tén razón, pero a min flotábanme de pequeno e hai cousas que non son capaz de procesar.
O partido sigue empatado a falta de 15 segundos, cando cae eliminado por faltas o antepenúltimo Chief. A prórroga estase acabando e un xogador de Fort Payne tén dous tiros libres para poñer ó seu equipo por diante. Respira fondo, flexiona as rodillas, centra a mirada na traseira do aro. Falla o primeiro. Bota forte un par de veces cando o árbitro lle devolve o balón e despois agárrao, recupera o tacto, recalibra a forza. Falla o segundo. O único límite, etc. Un compañeiro seu caza o rebote e mete canasta con inusitada solvencia, pero os árbitros anúlana por unha falta anterior. A pelota é para os Chiefs. Un formigueo de entusiasmo recorre o pabellón.
Outro dos razonamentos que fai Gladwell é que o favorito está obligado a gañar. Non lle supoñerá ningunha alegría, pero é a súa obligación; non facelo sería un desastre. Mentras o espectador, e Jad e Robert, animan casi involuntariamente ó underdog, están pasando por alto o verdadeiro drama que teñen diante. O partido escápasenos sin que seipamos cómo evitalo, estamos nadando contra corrente, tratando de manter a cabeza alta e pateando desesperados baixo a auga. Non entendemos nada, deberíamos estar peleando polo basket-average.
Un dos Chiefs colócase na liña de fondo para sacar, molestado aínda que non moito por un rival, mentras que o outro corre en zig-zag para encontrar un pase, e os demáis Wildcats tratan de defendelo pero en xeral acaban correndo detrás del. Finalmente recibe e acaba por tirar un triple en carreira.
Falla, pero o que sacara, en lugar de quedarse no seu campo, correu toda a pista sin oposición e plantouse debaixo do aro rival xusto a tempo para recolle-lo tiro do seu compañeiro. Os Wildcats danse conta e corren hacia el en desbandada. Fai unha finta de tiro e caen catro Wildcats á vez, plumas volando por todas partes, un espectáculo digno de ver.
Mete a canasta definitiva no último segundo. Unha escena de película.


REFERENCIAS
"2 on 5" de Thomas Lake

sábado, 24 de mayo de 2014

Milagro de North Jackson no Palomar (I)

Contan nun capítulo recente de Radiolab (but then again, todos o son) a historia dun partido de baloncesto de instituto que se xogou nun pequeno pobo de Alabama, chamado Stevenson, o día de San Valentín de 1992.
Esa edición do programa trata da dialéctica de favoritos e underdogs no deporte. Para facer interesante un enfrentamento, explican Jad Abumrad e Robert Krulwich, hai que fabricar unha historia arredor. A máis extendida, a máis fácilmente asimilable, é a de establecer un David e un Goliath: os espectadores neutrais decantarémonos automaticamente polo competidor que con menos posibilidades, e estaremos interesados a partir de ahí.
Ó final do capítulo narran o partido de Stevenson. Enfrentábanse os locais North Jackson Chiefs cos Wildcats do veciño pobo de Fort Payne. Non había ningún título en xogo, nin siquiera era un playoff, e ningún dos equipos era particularmente bon. Incluso esaxerei cando dixen que eran pobos veciños: Stevenson e Fort Payne están a uns 70 kilómetros un do outro, máis ou menos coma Lugo e Ribadeo. A ningún oínte de Radiolab, e a ningún de vosoutros for that matter, lle debería importar cómo quedasen, o cal supoño que o convirte nun exemplo perfecto para Jad e Robert e nun reto para min.
O partido desarrollouse por cauces perfectamente mediocres, como cabía esperar, salvo pola cantidade de faltas que estaban cometendo ambos equipos: ó final dos 40 minutos sumaban 75, unha cada 32 segundos. Foi unha constante sucesión de faltas interrumpida por breves momentos de xogo nos que, por outra parte, abundaron as perdas de balón e os fallos. O marcador foi moi baixo, pero chegou apretado ó final.
Hai unha reportaxe boísima de Thomas Lake en Sports Illustrated na que transcribe a narración do último cuarto. Quedando aproximadamente medio minuto, os North Jackson Chiefs perden de tres pero Travis Smith, o seu base, rouba a pelota e anota fácilmente ó contraataque. A diferencia queda reducida a un punto.
Aproximadamente nese momento do partido, Nacho pide tempo morto. Nosoutros estamos empatados con Ribadeo, a última posesión é nosa e eles solo teñen tres en cancha. Podemos gañar por primeira vez, na última xornada da temporada. Mentras nos aclara esto un tanto innecesariamente a Nacho váiselle poñendo unha sonrisa canalla que aínda non entendemos. Podemos gañar, dícenos, e volvernos a casa satisfeitos polo día, pero tamén podemos deixar pasa-la posesión e forza-la prórroga.
A esas alturas do tempo morto probablemente Bieito, que é o millor do equipo, xa entende de qué esta falando; pero está eliminados por faltas así que de todas formas a responsabilidade cae nos cinco suplentes que aínda podemos xogar, e que agora mesmo miramos a Nacho coma vacas ó tren.
Desa maneira, síguenos explicando, teremos dez minutos por diante contra tres xogadores e non solamente gañaremos o partido, senón que poderemos remontarlles os seis puntos de basket-average que nos sacaran na primeira xornada e que os mantiveran penúltimos na tabla semana a semana, ó largo de meses de derrotas en paralelo. Cabe a posibilidade, en definitiva, de que acabemo-lo ano sin se-lo peor equipo da provincia.
O árbitro chámanos á pista mediada a explicación de Nacho, e á salida do tempo morto os Wildcats plantean unha xogada longa para gastar tempo. Os Chiefs acaban por cometer unha falta con cinco segundos no reloxo que os pode deixar a tres puntos, e ademáis acarrea outra eliminación.
Soamente quedan 6 Chiefs dispoñibles. A situación é desesperada, pero non grave: cando o tirador dos Wildcats falla o segundo dos seus tiros libres, os Chiefs atrapan o rebote e lánzanse ó contrataque; a diferencia é de dous puntos, a victoria é posible. Travis Smith chega en carreira armando o brazo a toda présa e lanza un triple sobre a bocina.
Falla, pero os árbitros pitan falta novamente, a número 75 do partido. Smith tén tres tiros libres sin tempo no reloxo. Pode gañar o partido, pero solo transforma dous deles. Prórroga.
Nosoutros salimos do tempo morto confusos polo emocionante que se acaba de poñe-lo partido de Alabama; sin acabar de asimilar completamente todo o que nos dixo Nacho e probablemente por eso convencidos, contra o seu criterio e francamente tamén contra o sentido común, de xogarnos honradamente a última posesión. Gustaríame recordar por qué.
Fallamos, claro, non merece a pena nin comentalo, éramos malos de narices. Cinco suplentes habituais, sempre no fondo do banquillo do equipo malo de Estudiantes, fose cal fose a categoría ou o tempo que levásemos nela. Fallamos e acabamos na prórroga de todas formas e non importou, pero gustaríame saber qué pensábamos naquel momento, cando decidimos ser honrados e face-lo correcto, enfrentar cara a cara ós nosos rivales. Con romanticismo na mirada adolescente.


domingo, 2 de marzo de 2014

Salín compra-lo periódico e volvín cargando un enciño ó hombro

Entro no ascensor. Apreto o botón do segundo piso. Doume conta inmediatamente de que me equivoquei e pulso tamén o do quinto. Mírome no espello do ascensor mentras sube. Quédame corto nas mangas, o xersei este; creo que me encolleu ó lavalo. O ascensor para, e saio del empuxando a porta co tacón mentras aínda miro o xersei. Fixo bólas, definitivamente estropeóuseme; igual debería telo lavado a man, ou metelo nunha bolsa como fai A. coas blusas. Trato de abri-la porta, pero a chave non xira. Miro ben a porta. Non se parece á miña. Volvo correndo ó ascensor, pero pasou demasiado tempo e o mecanismo xa non me deixa entrar. Subo camiñando tres pisos. Cando chego arriba o ascensor está alí, esperándome.

sábado, 8 de febrero de 2014

Bit of a conundrum, here

Son casi as catro da mañá mentras escribo esto. Non é que teña insomnio hoxe, ollo. É máis, estou nese punto dulce no que debería apagar o ordenador e deitarme definitivamente; pero entonces deixaría de escuita-la música, claro.
O problema é que me deixei a radio encendida, antes de colle-los cascos e abrir Spotify. E na radio está Iker Jiménez falando de probas científicas da existencia da telequinesia. É un problema ridículo, fair enough, un guisante debaixo da cama. Pero si xa me molesta agora o pouco que oio nas pausas entre canción e canción, acolchado o sonido polos auriculares, ter que escuitalo a viva voz, por pouco tempo que fose, cabrearíame ata o punto de non deixarme durmir. Son un ecosistema moi delicado polas noites, granted.
A solución pasaría, por tanto, por levantarme da cama sin sacarme os cascos e sin desenchufalos, suxetando o portátil cunha man, con cuidado, e apagar a radio sin ter que oir a pseudociencia de Jiménez. É a única solución que se me ocurre e non son capaz de pensar en nada máis, porque ás catro da mañá un é coma un rinoceronte en estampida, incapaz de xirar.
Antes de deitarme, antes incluso de encende-la radio, freguei os cacharros da cena; por razóns que descoñezo, unha taza encontrou a maneira de escurrírseme das mans, saltar hacia arriba e caerse finalmente ó chan en gimnástico dibujo en el aire.
Cheguei á habitación cabreado conmigo mesmo pero distraínme un momento e cando me quixen dar conta tiña o móbil na man e estaba a mirar twitter. Pouseino, espantado, na mesiña de noite, en concreto encima das gafas; deslizouse sobre elas e acabou caendo pola parte de atrás da mesa. Cando estaba apartándoa para recolle-lo teléfono, a lámpara de repente veuse sin ningunha mesa debaixo, e despois de valora-la situación durante un instante resolveu caerse ó chan, pero eu agarreina no aire cunha axilidade completamente impropia de min e volvina poñer sobre a mesa, de onde a tirei co codo dous minutos despois.
Con estos antecedentes, comprenderedes que non me atreva a poñer algo tan valioso como o portátil nas miñas mans. Suxeita-lo ordenador cunha man mentras sigo conectado a el mediante os cascos, dar tres pasos na oscuridade sin tropezar con nada e acertar co botón de apagado da radio sin tirala ou, qué sei eu, meterlle o dedo no ollo ó gato resultame, a estas horas da noite, imposible de imaxinar.
Así que aquí estou, punto dulce do sono long gone, oíndo de fondo as probas científicas de que hai xente capaz de mover obxetos coa mente.

jueves, 21 de noviembre de 2013

Trenco perdido (e III)

Recordo que na visita de obra que fixemos á A-8 nos mencionaron que tiveran que cambia-la saída que estaba orixinalmente proxectada na Espiñeira por si acaso se facía un corredor a Viveiro.
Esto pasou a principios da década pasada, e supoño que sería unha boa idea. No momento parecíao, pero ese era o clima. Nas clases decíannos que as infraestructuras eran focos de crecemento, que a existencia de boas conexións atraería negocios por si mesma, que os presupostos dos proxectos se podían cadrar tendo en conta o futuro beneficio social.
Pero agora, despois de cinco anos en recesión, o país parece non ter cartos para paga-lo estado de benestar, o presuposto de Fomento baixa xeométricamente cada ano e a obra do corredor está durmindo a sesta dos xustos, confortablemente abrigada entre expedientes informativos.  
Un, que ten unha idea vaga de todo esto, intenta aínda así non ser moi fatalista por aquelo de ir aguantando máis ou menos o que a vida lle pon por diante. Pero mentras sae da autovía e se ve cruzando a calzada por debaxo dunha ponte e circulando aínda 800 metros máis por unha clotoide interminable construida exclusivamente porque había que facerlle sitio a un puñetero corredor antes de chegar á rotonda na que dunha vez por todas consigue da-la volta, solo para inmediatamente despois ter que volver repeti-lo camiño pola mesma clotoide e outra vez por debaixo da autovía e despois por arriba, coma un parvulito aprendendo a atarse os tenis, non pode evitar sentirse víctima dun complot internacional no que todos estaban involucrados, dende os desempleados de Alabama que recibiron hipotecas subprime hasta os que proxectaron o corredor de Viveiro, tiña que ser un corredor, o primeiro paso imaxinario a unha autovía imposible entre a Espiñeira e Viveiro porque si lo construyes ellos vendrán,  pasando por Harry, Emanuel e Mayer Lehman, Angela Merkel e o BCE, todos tramando xuntos crear un enorme furacán noutra punta do mundo que costou millóns de dólares e tardou décadas en producirse, para facer con él que unha pequena avelaíña aletease un pouco na Espiñeira e me jodese a tarde.

domingo, 17 de noviembre de 2013

Trenco perdido (II)

Mentras buscaba na radio do coche un aria de ópera coa que facer a miña entrada triunfal, o carril de incorporación no que iba púxose a xirar sin avisar. De repente, sin que mediase provocación. Parou de facelo cando me colocou exactamente no sentido equivocado, e antes de que me dese conta tíñame escupido a traición na autovía en dirección a Oviedo.
Esta vez aínda me quedaba algo de resignación a man, así que mo tomei máis ou menos ben. Despois de todo, o único que tiña que facer era dar a volta no seguinte paso superior e disfrutaría dunhos minutos máis de propina pola autovía.
Igual vou volver a tomar un desvío sin saber moi ben ónde acaba, pero falando de pasos superiores creo que merece a pena mencionar que me gustan bastante. Relativamente, quero decir; non teño grandes pasións no que respecta á enxeñería.
Pero un paso superior paréceme unha unidade de obra moi sinxela, que  resolve un problema complicado con simpleza; incluso diría que con elegancia. Antes de chegar ó paso hai un desvío á dereita de cada calzada, que vai acabar nunha rotonda e enlaza a través dela cunha ponte sobre as calzadas, e así tamén coa rotonda simétrica e cunha incorporación á esquerda da calzada contraria. É máis dificil explicalo que circular por el, o conductor faino intuitivamente. Cada parte do mecanismo encaixa perfectamente coa anterior, cumple a misión co mínimo esforzo necesario.
De volta á autovía, estaba tardando en cruzarme con algún paso superior. Xa deixara atrás Vilanova e aínda non vira ningún cartel. Algún habería, no cruce de calquera carretera ou algo así.
Debíame ter dado conta naquel momento. Tapado coa manta quente da resignación e todo o que queirades, mentras pasaba por Vilamar íba rumiando que debía ter pensado que non podia haber unha entrada á autovía xusto antes do final do tramo.
Estoume metendo por outro desvío innecesario. Supoño que tendo a facer cousas destas. Dixen antes que era desapasionado en canto á obra civil, pero teño un desprecio personal polos corredores.
A idea detras dun corredor é face-la plataforma coas dimensións dunha autovía, deixando construidos tódolos pasos superiores e inferiores e todo preparado, pero facer provisionalmente solo unha das calzadas, e deixala funcionando como carretera.
Planteado así sona razonable, pero o primeiro que fan as contratas é negociar coa Administración para construir a plataforma solo para unha calzada, aforrando en estructuras e movemento de terras. Así que despois dun gasto enorme de cartos, o usuario acaba cunha carretera na que debería ir a 120 pero tén prohíbido pasar de 100, está diseñada en todo caso sin ter en conta lugares onde adiantar así que boa sorte por moi ben trazada que esté si lle toca detrás dun camión; e en teoría desdoblarase en autovía, pero para facelo necesitarán máis cartos dos que estaban inicialmente presupostados, porque haberá que sustituir os pasos superiores, así que tardará moito en pasar.
Mentras pensaba esto volvin á autovía mentras esta entraba nunha ponte, e ahí foi donde caín finalmente.. Ese tramo da A-8 é especial, incluso nos trouxeran de visita á obra coa clase de Prefabricación: era o tramo máis corto da autovía,  menos da metade que os demáis, pero valía o mesmo porque case todo era en viaducto. Para darme conta deso naquel momento me serviu Camiños. Quedábanme por diante dez quilómetros seguidos de ponte, cinco minutos máis nos que conducir no sentido equivocado maldecindo a Zenón de Elea sin ningunha puñetera posibilidade de dar a volta hasta chegar por fin á salida da Espiñeira, para pechar dunha vez o círculo, poñerme en dirección a Lugo e deixar de face-lo imbécil.

sábado, 16 de noviembre de 2013

Trenco perdido (I)

Soamente tés que distraerte un segundo. O que dura un parpadeo a destempo, un aleteo de avelaíña. A carretera é así. Perdes a concentración un momento e cando te queres dar conta saltácheste o desvío á autovía e tes que seguir pola Nacional outros vinte minutos.
No cruce da Espiñeira despisteime por unha Berlingo blanca que me viña detrás e tamén porque en xeral tendo a facer cousas desas, e incorporeime á 634 hacia a dereita, en dirección a Lugo, en vez de coller no outro sentido para ir á autovía.
Francamente, fastidioume bastante. Levo feito ese camiño centos de veces, parecíame mentira terme equivocado en algo tan obvio. Intentei dar a volta, pero os apartaderos que fun encontrando eran demasiado pequenos ou estaban nunha curva, ou tiña un coche pegado ou as tres á vez ou, incluso, eran apartaderos perfectamente válidos en plena recta, con visibilidade, naide detrás, o ceo azul e un arco iris sinalándome o camiño, pero simplemente me din conta un pouco tarde de máis, un pouco lento de máis, e xa tiña pasado de largo.
A cada minuto que andaba na dirección equivocada aumentábame a frustración. O caso é que estaba volvendo desde a costa para Lugo, e en último término a Nacional valíame perfectamente; pero a min metéraseme a angolemia de ir pola autovía e de momento acábase en Mondoñedo, así que con cada quilómetro que facía tiña menos sentido da-la volta. Estaba tan cabreado conmigo mesmo que apaguei a radio.
Que non é gran cousa, granted, pero si vas conducindo tampouco é que teñas a man un saco de boxeo ó que pegarlle puñetazos ou, digamos, un polo de goma que estrangular tratando infructuosamente de descarga-la rabia e conseguindo o efecto contrario hasta acabar apuñalándoo cunha polea en pleno ataque de furia. Teste que frustrar baixiño, sin aspavientos e agarrando o volante ás dez e dez, ou ás nove e cuarto ou cando sexa, hasta que co tempo se che acaba caendo encima, liberadora, a resignación.
Seguín camiño, crucei Villamar e a ponte de Vilanova e cando acababa de pasala, vin de refilón un cartel azul dos que indican un desvío á autovía. Calculei rápidamente que me quedaría como medio minuto de autovía, así que era bastante ridículo entrar agora que se estaba acabando. Pero era unha cuestión de orgullo.
Cunha rapidez inaudita en min acabei de botar as contas, puxen o intermitente, coloqueime no carril do desvío, frenei, reducín unha marcha, encendín a radio, reducín outra marcha. sentinme bastante satisfeito conmigo mesmo e coa miña vida en xeral e dispúxenme a recorrer os meus merecidos 400 metros de autovía non-fucking-chalantly, achuchando bebés e saludando pola ventana coma un Papa.

miércoles, 24 de abril de 2013

As costuras do guión

Un vai aguantando millor ou peor todo o que a vida lle pon por diante ata que de repente lle ve as costuras ó guión.
Coma Fran o outro día, na porta da confitería. Tomáramos un café a media tarde e despois volvéramos camiñando á casa, falando, tranquilamente; pero dímonos conta de que nos olvidáramos un paraugas. Corrimos de volta e, to our credit, conseguimos chegar menos de dez minutos despois de que pechase, aproximadamente.
E a min non me molestou, non demasiado, unha anécdota máis que contar aquí ó fin e ó cabo, pero Fran realmente tomouno coma unha derrota personal, porque el xa o sabía, el xa se dera conta antes de botarse a correr, antes de levantarse aquel día incluso, de que a cafetería non podía non estar pechada.
Vouvos contar unha historia, pero antes teño que pegar un rodeo bastante grande, que vai empezar, ademáis, cunha frase moi suculenta; pero vouna deixar abandonada na cuneta moi pronto, non vos faigades ilusións.
Meu pai viaxa a menudo ó estranxeiro e recibe frecuentemente cartas do xulgado. Cartas certificadas enviadas a través de Correos, o que significa, como todos saberedes, que si o carteiro non me pilla na casa no momento que entrega a carta déixame un xustificante deses amarelos para que meu pai vaia a recollela á oficina da calle Mallorca.
Ben, o do xulgado xa queda dito. Naide mencionou Suíza nin "caso Campeón", todo controlado, non se mancou naide. Ahora é cando deixo colgado no aire este comezo prometedor e vos pregunto, por desvia-la atención pero tamén porque é o nome da sección, si a estas alturas sabedes cál é o nivel de frustración equivalente a andar por un prado cheo de rastrillos.
Evidentemente, era cuestión de tempo que o carteiro viñese traerme un paquete e me pillase durmindo, e acabou por pasar; así que pola tarde fun a Correos co resguardo e cunha fotocopia compulsada do DNI de meu pai. Non moi confiado, soamente como tentativa. Aquel primeiro día fixéronme volver á casa coas mans vacías porque o resguardo non iba firmado.
Volvín ó día seguinte indignado coma un pingüino de Adelia, non exactamente pola mañá pero con fuerte viento de Levante, armado coa fotocopia do DNI (compulsada, menciono de novo) e o resguardo, asinado esta vez; cunha firma lixeiramente distinta cá do DNI de meu pai, admítoo, pero suficientemente parecida como para que colase durante anos en boletíns de faltas do instituto, por poñer un exemplo. Despois de examinala detidamente, negáronse a entregarme o paquete, outra vez, porque decidiron que a firma non se parecía dabondo á do DNI e podía estar falsificada.
Así que por segundo día consecutivo volvín á casa coas mans nos petos, sentíndome atascado no medio do campo dos enciños e sin saber moi ben onde pisar; por non seguir coa mala racha, deixei pasar un día sin facer nada.
Cando volvín á oficina, fresco e con ánimos renovados, intentei unha aproximación distinta. Entrei cun sorriso de boa persona, expliqueilles que meu pai estaba no estranxeiro e non tiña moita maneira de que me volvese firmar o resguardo, e dixéronme que non había problema, que o único que tiña que facer meu pai era mandar un documento no que me dese permiso expreso para recolle-lo paquete, asinado cunha firma igual ca do DNI, e cando xa parecía que podía salir tranquilamente da situación sin preocuparme demasiado en onde pisaba, a de Correos engadiu: "...vía fax."
E hasta aquí o nivel de frustración equivalente a camiñar por un prado cheo de enciños. Encontras un problema que pensas que poderás solucionar facilmente, das un paso decidido nunha dirección e lévaste un golpe na cara co mango do rastrillo. Despois, descolocado polo golpe, das un par de pasiños cortos hacia atrás e recibes outra no lombo. E máis ou menos con esto, eu xa tería dabondo: salería a gatas da situación como boamente poidese, escribiría rapidamente un texto e despois edítaaríao moi, moi lentamente, e publicaríao aquí, for your mild amusement.
Non vos contaría que para non tocarlle as narices a meu pai, que estaba ocupado nese país que desde logo que non é Suiza, escaneei a fotocopia compulsada do DNI, recortei a firma con Photoshop, escribín o texto nun documento de Word e peguei o jpeg da firma ó final do documento, e despois mandeino vía fax, porque tiña que ser vía fax, desde un locutorio que hai nos anos 80, xusto a medio camiño entre a miña casa e a calle Mallorca; non volo contaría, claro, porque esa parte xa non sería narrativamente interesante, e porque probablemente sexa ilegal e ademáis non o fixen así. En fin, como empecei dicindo, un vai aguantando millor ou peor o que a vida lle pon por diante e facendo o posible por recolle-las cartas de seu pai.
Pero o caso é que a miña moza, Adri, comproume un libro como regalo de cumpleanos. Encargouno na FNAC de Barcelona antes de virse de vacacións de Nadal, e mandoumo directamente ó piso a Lugo por non traelo na maleta.
O regalo non deu chegado en tódalas vacacións, o cual xa foi un pouco frustrante de por si, pero un día a mediados de Xaneiro, cando ela xa estaba de volta aló, o carteiro pasou pola miña casa. Timbrou ó porteiro e eu contestei. Supoño que esperábades que non estivese ou que me pillase durmindo e o tipo me tivese que deixar un resguardo; pero non, contestei, eu cumplín coa miña parte. O carteiro, sin embargo, fixo algo que non lle tocaba: preguntoume si vivía alí Adriana T.
Non me esperaba aquelo e non o acababa de entender, así que lle abrín o portal sin contestarlle. Cando chegou ó meu piso non traía ningún paquete. Explicoume que a partir de determinado peso non repartían a domicilio, que tería que ir recollelo á oficina de correos.
E nese momento, dinme conta. Como cando adivinas o asesino dez minutos antes do final do capítulo na serie de policías, vin perfectamente claro o que pasaría, encontrei o guión porque a trampa era moi obvia, a regla aquela do peso parecía unha improvisación a última hora do guionista mentras o carteiro subía no ascensor para que o paquete desaparecese da escena.
Despois deso, o guión estaba claro: o carteiro daríame un resguardo no que figuraría, por erro, o nome de Adri como receptora en vez de como remitente. E eu intentaría ir recollelo solo co resguardo e non me deixarían. E firmaría, por si acaso colaba, pero sospeitarían da firma e tería que chamar a Adri para que me mandase unha autorización por escrito. Vía fax. Adri non encontraría un fax porque vive no século XXI, e tería que escanear o seu DNI para mandarmo, pero nin siquiera tén impresora na súa casa porque francamente ¿quén imprime estes días?; así que, entre medias, tardaría unha semana máis en recibir o regalo.
Todo eso pasaría -soupeno naquel mesmo momento- porque xa estaba escrito e tiña que pasar así, igual que a confitería non podía non estar pechada.

martes, 15 de enero de 2013

Consellos dun experto no campo dos rastrillos

Fran estábame esperando no meu portal baixo a choiva, coma un cadelo abandonado. Metino debaixo do paraugas e fumos dar unha volta.
Empezou a falar inmediatamente. Levaba unha mala racha, e mentres andábamos foime desgranando unha serie de problemas máis ou menos graves que lle caían encima coma un barruzo constante e contra os que non acertaba a saber qué facer.
O máis importante, o que sobrevolaba todo o seu monólogo, era o paro; volvía unha e outra vez a el. Levaba demasiado tempo buscando traballo e estábase quedando sin enerxías para seguir mandando currículos e  levantándose da cama tódolos días ás oito da mañá sin ter adonde ir. Estaba bloqueado, desanimado, necesitaba un empuxón. E, pese a que son aproximadamente tan pouco indicado para ese menester coma un delfín para da-la hora, tocábame darllo a min.
Creo que fun de bastante axuda, que conste: repasamos o seu currículo e encontramos varios apartados nos que o podería mellorar; buscamos maneiras productivas de que pasase o tempo sin estar encerrado na casa e cursos que podería facer, e el ó principio todo o que me contestaba era "estaría ben que, a ver si un día destes" e vaguedades así, pero pouco a pouco fun acorralándoo e agobiándoo e chegamos a un punto de excitación nerviosa no que todo era urxente; íbamos cambiarlle a vida aquel mesmo día, todo era importante e ó salir da cafetería volveríamos correndo á miña casa a apuntarnos ó examen do Advanced e buscar un curso de alemán, e eso soamente para quentar motores.
Despois tíñamos que ir ó cine ver "Los diarios del ron", que resultaba bastante anticlimático pero as entradas xa estaban compradas. E ademáis a sesión era ás nove e solo tíñamos unha hora libre, pero íbanos dar tempo a todo, incluso a cenar algo na casa, solo tíñamos que correr. Así que salimos da Ramón atropellando vellas, cruzando semáforos en ámbar e saltando sobre o capó de carritos de bebé porque non había tempo que perder. Recorrimo-la Rúa Nova, salimos da Muralla, cruzamo-la Rue Amyot e seguimos correndo polo 18 de Julio ata a altura da Divina Pastora, e nese momento púxose a chover.
E Fran, que iba algo por diante de min, detívose para esperarme e abrigarse debaixo do paraugas pero eu, como é esperable,  deixáramo na confitería.
Volvimos por el, claro. Mollándonos. Todo o rápido que puidemos, que non é moito decir porque unha vez que se nos pasara a efervescencia do momento dímonos conta de que estábamos cansados de narices.
Cando chegamos de novo á confitería Ramón xa pasaban das oito e estaba pechada.
Fran sorría porque el xa o sabía. Estaba pasando unha desas rachas nas que os problemas simplemente che caen encima, un detrás doutro coma un barruzo constante, non podía esperar outra cousa.
Así que non lle cambiei a vida aquel día. A duras penas chegamos ó cine, empapados coma bobos e sin cenar.

jueves, 19 de abril de 2012

Como camiñar nun prado inzado de rastrillos

Para empezar temos un módem, que lle alquilamos a R e que en teoría soamente podería dar servicio mediante cable a un ordenador. Pero en lugar del temos ladinamente conectado un router, para... lanzar a wifi... ó... ambiente.
O caso é que non tiña internet, e para saber si o que estaba estropeado era o módem (é decir, culpa de R) ou o router (é decir, culpa miña por andar enchufando cables ó tuntún), ocurríuseme probar a enchufa-lo módem directamente ó ordenador. Era unha idea estúpida, porque como ó conectalo non aparecese máxicamente The Internet no escritorio seguiría sin saber si R non me daba servicio ou eu tiña que facer algo máis que enchufar cables e cruza-los dedos coma un nativo de Galveston, pero qué sei eu, estaba improvisando.
Desconectei o cable do router e nese instante asaltoume o seguinte problema: tiña que encontra-lo cable vello co que o módem se conectaba ó ordenador.
Ataquei o problema con determinación. Desde onde estaba, sentado no suelo debaixo da mesa de despacho de meu pai, coa torre do ordenador entre as pernas e unha soa man libre porque coa outra seguía agarrando o cable do router, abrín ó caixón do escritorio, á altura da miña cabeza, donde me parecía que meu pai gardaba os cables, e asomeime estirando o cuello coma unha tortuga.
Mentras facía esto, outro problema salira ó meu encontro. No caixón non había cables, pero sí unhos CDs formando unha pila demasiado alta e o primeiro do montón sobresalía do borde traseiro do caixón, así ó abrilo, tropezou contra algo e escurriuse, hacia atrás, no de abaixo.
Esto seino agora, claro; no momento soamente notei que algo caía hacia atrás, así que fixen o que me parecía máis lóxico: pechei o caixón do CD e abrín o seguinte hacia abaixo. E o CD, evidentemente, repetiu o proceso que seguira antes: tropezou mentras eu abría un caixón co resalto inferior do frontal do que estaba a pechar, e caeu outra vez hacia atrás polo mismo furado.
Pero esta vez acabou no fondo do mueble; a única maneira de recuperalo era desmontar o caixón. E a esas alturas debería ter parado, pero xa era presa dunha fiereza frenética, así que o desmontei dun tirón. E collín o disco, como novedade, sin problemas.
Sudoroso, sentado no chan baixo a mesa do despacho de meu pai abrazando coas pernas un procesador, coma un koala, con un cable nunha man e un router e máis un caixón metálico desmontado tirados no chan ó lado, levantei o CD como si fose o óso de "2001" ou o micrófono de Operación Triunfo, sin querer darlle demasiada importancia a que fose unha recopilación de demos de programas da Computer Hoy de Junio do 1996.
Vencera, demonios. Chegara ó final do camiño de ida e agora solo tiña que ir pouco a pouco desfacendo o andado e desenguedellándome. O primeiro paso era coloca-lo caixón no seu sitio.
Sona fácil, pero era un caixón metálico cheo literalmente ata os topes e eu solo tiña unha man libre para levantalo e colocalo sobre os raíles. E non din feito, aínda que soltei o cable do router (creo que foi nese momento cando me din conta de que era o que levaba buscando desde o principio), así que non me quedaba máis remedio que vacialo un pouco.
Había unha  pila de libros e documentos soltos apilados. Tiña pinta de ser o que máis pesaba de todo, e decidín sacala e probar outra vez.
Mentras tiña os libros no aire e buscaba algún sitio onde pousalos, esquivando o caixón, o cable, o router, o CD e a torre de ordenador que me rodeaban, caéuseme na cabeza un montón de papeis que había sobre a mesa. Sin que viñese a conto, sin provocación previa; coma un ataque kamikaze, lanzáronse sobre min aparecendo de improviso e abatíronme.
Nese momento soltei sin querer os libros, que caeron encima do router, e antes de que me puidese dar conta o gato entrou na habitación como unha centella e levouse xogando polo pasillo adiante o cable do módem.
Cando despertei había un dinosaurio.

domingo, 24 de abril de 2011

Coma un truco de ilusionismo

- Pois tiña a habitación moi desordenada, entre outras cousas aínda tiña a maleta pequena aberta encima da alfombra desde que chegara da Coruña; e taba no medio e medio da habitación. E as outras dúas tamén andaban inzadas por ahí, creo que unha puxéchesma tu cando volviches de Brasil, e aparte había roupa na silla e encima da cama, e máis apuntes e tal.
Así que me deu por organizar algo e empecei polas maletas, que eran o que máis molestaba.
Collín a maleta pequena, vacieina e pecheina e abrin a mediana e metinlle a pequena dentro e despois pecheina tamén; e collín a maleta mediana coa pequena dentro e metina ou metinas na grande e despois pechei a grande e collina ou collinas e igual lle din unhas voltas á roda da contraseña e deixei a maleta nunha esquina, onde non molestase, e despois púxenme a recoller a roupa da cama
- ¿Cómo que igual lle diches unhas voltas á chisma da contraseña?
- O caso é que hoxe iba colle-la pequena...
- Coño, Noé...
- ¿Sabes cál é a clave?
- ...