Mostrando entradas con la etiqueta Trenco perdido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Trenco perdido. Mostrar todas las entradas

jueves, 21 de noviembre de 2013

Trenco perdido (e III)

Recordo que na visita de obra que fixemos á A-8 nos mencionaron que tiveran que cambia-la saída que estaba orixinalmente proxectada na Espiñeira por si acaso se facía un corredor a Viveiro.
Esto pasou a principios da década pasada, e supoño que sería unha boa idea. No momento parecíao, pero ese era o clima. Nas clases decíannos que as infraestructuras eran focos de crecemento, que a existencia de boas conexións atraería negocios por si mesma, que os presupostos dos proxectos se podían cadrar tendo en conta o futuro beneficio social.
Pero agora, despois de cinco anos en recesión, o país parece non ter cartos para paga-lo estado de benestar, o presuposto de Fomento baixa xeométricamente cada ano e a obra do corredor está durmindo a sesta dos xustos, confortablemente abrigada entre expedientes informativos.  
Un, que ten unha idea vaga de todo esto, intenta aínda así non ser moi fatalista por aquelo de ir aguantando máis ou menos o que a vida lle pon por diante. Pero mentras sae da autovía e se ve cruzando a calzada por debaxo dunha ponte e circulando aínda 800 metros máis por unha clotoide interminable construida exclusivamente porque había que facerlle sitio a un puñetero corredor antes de chegar á rotonda na que dunha vez por todas consigue da-la volta, solo para inmediatamente despois ter que volver repeti-lo camiño pola mesma clotoide e outra vez por debaixo da autovía e despois por arriba, coma un parvulito aprendendo a atarse os tenis, non pode evitar sentirse víctima dun complot internacional no que todos estaban involucrados, dende os desempleados de Alabama que recibiron hipotecas subprime hasta os que proxectaron o corredor de Viveiro, tiña que ser un corredor, o primeiro paso imaxinario a unha autovía imposible entre a Espiñeira e Viveiro porque si lo construyes ellos vendrán,  pasando por Harry, Emanuel e Mayer Lehman, Angela Merkel e o BCE, todos tramando xuntos crear un enorme furacán noutra punta do mundo que costou millóns de dólares e tardou décadas en producirse, para facer con él que unha pequena avelaíña aletease un pouco na Espiñeira e me jodese a tarde.

domingo, 17 de noviembre de 2013

Trenco perdido (II)

Mentras buscaba na radio do coche un aria de ópera coa que facer a miña entrada triunfal, o carril de incorporación no que iba púxose a xirar sin avisar. De repente, sin que mediase provocación. Parou de facelo cando me colocou exactamente no sentido equivocado, e antes de que me dese conta tíñame escupido a traición na autovía en dirección a Oviedo.
Esta vez aínda me quedaba algo de resignación a man, así que mo tomei máis ou menos ben. Despois de todo, o único que tiña que facer era dar a volta no seguinte paso superior e disfrutaría dunhos minutos máis de propina pola autovía.
Igual vou volver a tomar un desvío sin saber moi ben ónde acaba, pero falando de pasos superiores creo que merece a pena mencionar que me gustan bastante. Relativamente, quero decir; non teño grandes pasións no que respecta á enxeñería.
Pero un paso superior paréceme unha unidade de obra moi sinxela, que  resolve un problema complicado con simpleza; incluso diría que con elegancia. Antes de chegar ó paso hai un desvío á dereita de cada calzada, que vai acabar nunha rotonda e enlaza a través dela cunha ponte sobre as calzadas, e así tamén coa rotonda simétrica e cunha incorporación á esquerda da calzada contraria. É máis dificil explicalo que circular por el, o conductor faino intuitivamente. Cada parte do mecanismo encaixa perfectamente coa anterior, cumple a misión co mínimo esforzo necesario.
De volta á autovía, estaba tardando en cruzarme con algún paso superior. Xa deixara atrás Vilanova e aínda non vira ningún cartel. Algún habería, no cruce de calquera carretera ou algo así.
Debíame ter dado conta naquel momento. Tapado coa manta quente da resignación e todo o que queirades, mentras pasaba por Vilamar íba rumiando que debía ter pensado que non podia haber unha entrada á autovía xusto antes do final do tramo.
Estoume metendo por outro desvío innecesario. Supoño que tendo a facer cousas destas. Dixen antes que era desapasionado en canto á obra civil, pero teño un desprecio personal polos corredores.
A idea detras dun corredor é face-la plataforma coas dimensións dunha autovía, deixando construidos tódolos pasos superiores e inferiores e todo preparado, pero facer provisionalmente solo unha das calzadas, e deixala funcionando como carretera.
Planteado así sona razonable, pero o primeiro que fan as contratas é negociar coa Administración para construir a plataforma solo para unha calzada, aforrando en estructuras e movemento de terras. Así que despois dun gasto enorme de cartos, o usuario acaba cunha carretera na que debería ir a 120 pero tén prohíbido pasar de 100, está diseñada en todo caso sin ter en conta lugares onde adiantar así que boa sorte por moi ben trazada que esté si lle toca detrás dun camión; e en teoría desdoblarase en autovía, pero para facelo necesitarán máis cartos dos que estaban inicialmente presupostados, porque haberá que sustituir os pasos superiores, así que tardará moito en pasar.
Mentras pensaba esto volvin á autovía mentras esta entraba nunha ponte, e ahí foi donde caín finalmente.. Ese tramo da A-8 é especial, incluso nos trouxeran de visita á obra coa clase de Prefabricación: era o tramo máis corto da autovía,  menos da metade que os demáis, pero valía o mesmo porque case todo era en viaducto. Para darme conta deso naquel momento me serviu Camiños. Quedábanme por diante dez quilómetros seguidos de ponte, cinco minutos máis nos que conducir no sentido equivocado maldecindo a Zenón de Elea sin ningunha puñetera posibilidade de dar a volta hasta chegar por fin á salida da Espiñeira, para pechar dunha vez o círculo, poñerme en dirección a Lugo e deixar de face-lo imbécil.

sábado, 16 de noviembre de 2013

Trenco perdido (I)

Soamente tés que distraerte un segundo. O que dura un parpadeo a destempo, un aleteo de avelaíña. A carretera é así. Perdes a concentración un momento e cando te queres dar conta saltácheste o desvío á autovía e tes que seguir pola Nacional outros vinte minutos.
No cruce da Espiñeira despisteime por unha Berlingo blanca que me viña detrás e tamén porque en xeral tendo a facer cousas desas, e incorporeime á 634 hacia a dereita, en dirección a Lugo, en vez de coller no outro sentido para ir á autovía.
Francamente, fastidioume bastante. Levo feito ese camiño centos de veces, parecíame mentira terme equivocado en algo tan obvio. Intentei dar a volta, pero os apartaderos que fun encontrando eran demasiado pequenos ou estaban nunha curva, ou tiña un coche pegado ou as tres á vez ou, incluso, eran apartaderos perfectamente válidos en plena recta, con visibilidade, naide detrás, o ceo azul e un arco iris sinalándome o camiño, pero simplemente me din conta un pouco tarde de máis, un pouco lento de máis, e xa tiña pasado de largo.
A cada minuto que andaba na dirección equivocada aumentábame a frustración. O caso é que estaba volvendo desde a costa para Lugo, e en último término a Nacional valíame perfectamente; pero a min metéraseme a angolemia de ir pola autovía e de momento acábase en Mondoñedo, así que con cada quilómetro que facía tiña menos sentido da-la volta. Estaba tan cabreado conmigo mesmo que apaguei a radio.
Que non é gran cousa, granted, pero si vas conducindo tampouco é que teñas a man un saco de boxeo ó que pegarlle puñetazos ou, digamos, un polo de goma que estrangular tratando infructuosamente de descarga-la rabia e conseguindo o efecto contrario hasta acabar apuñalándoo cunha polea en pleno ataque de furia. Teste que frustrar baixiño, sin aspavientos e agarrando o volante ás dez e dez, ou ás nove e cuarto ou cando sexa, hasta que co tempo se che acaba caendo encima, liberadora, a resignación.
Seguín camiño, crucei Villamar e a ponte de Vilanova e cando acababa de pasala, vin de refilón un cartel azul dos que indican un desvío á autovía. Calculei rápidamente que me quedaría como medio minuto de autovía, así que era bastante ridículo entrar agora que se estaba acabando. Pero era unha cuestión de orgullo.
Cunha rapidez inaudita en min acabei de botar as contas, puxen o intermitente, coloqueime no carril do desvío, frenei, reducín unha marcha, encendín a radio, reducín outra marcha. sentinme bastante satisfeito conmigo mesmo e coa miña vida en xeral e dispúxenme a recorrer os meus merecidos 400 metros de autovía non-fucking-chalantly, achuchando bebés e saludando pola ventana coma un Papa.