domingo, 17 de noviembre de 2013

Trenco perdido (II)

Mentras buscaba na radio do coche un aria de ópera coa que facer a miña entrada triunfal, o carril de incorporación no que iba púxose a xirar sin avisar. De repente, sin que mediase provocación. Parou de facelo cando me colocou exactamente no sentido equivocado, e antes de que me dese conta tíñame escupido a traición na autovía en dirección a Oviedo.
Esta vez aínda me quedaba algo de resignación a man, así que mo tomei máis ou menos ben. Despois de todo, o único que tiña que facer era dar a volta no seguinte paso superior e disfrutaría dunhos minutos máis de propina pola autovía.
Igual vou volver a tomar un desvío sin saber moi ben ónde acaba, pero falando de pasos superiores creo que merece a pena mencionar que me gustan bastante. Relativamente, quero decir; non teño grandes pasións no que respecta á enxeñería.
Pero un paso superior paréceme unha unidade de obra moi sinxela, que  resolve un problema complicado con simpleza; incluso diría que con elegancia. Antes de chegar ó paso hai un desvío á dereita de cada calzada, que vai acabar nunha rotonda e enlaza a través dela cunha ponte sobre as calzadas, e así tamén coa rotonda simétrica e cunha incorporación á esquerda da calzada contraria. É máis dificil explicalo que circular por el, o conductor faino intuitivamente. Cada parte do mecanismo encaixa perfectamente coa anterior, cumple a misión co mínimo esforzo necesario.
De volta á autovía, estaba tardando en cruzarme con algún paso superior. Xa deixara atrás Vilanova e aínda non vira ningún cartel. Algún habería, no cruce de calquera carretera ou algo así.
Debíame ter dado conta naquel momento. Tapado coa manta quente da resignación e todo o que queirades, mentras pasaba por Vilamar íba rumiando que debía ter pensado que non podia haber unha entrada á autovía xusto antes do final do tramo.
Estoume metendo por outro desvío innecesario. Supoño que tendo a facer cousas destas. Dixen antes que era desapasionado en canto á obra civil, pero teño un desprecio personal polos corredores.
A idea detras dun corredor é face-la plataforma coas dimensións dunha autovía, deixando construidos tódolos pasos superiores e inferiores e todo preparado, pero facer provisionalmente solo unha das calzadas, e deixala funcionando como carretera.
Planteado así sona razonable, pero o primeiro que fan as contratas é negociar coa Administración para construir a plataforma solo para unha calzada, aforrando en estructuras e movemento de terras. Así que despois dun gasto enorme de cartos, o usuario acaba cunha carretera na que debería ir a 120 pero tén prohíbido pasar de 100, está diseñada en todo caso sin ter en conta lugares onde adiantar así que boa sorte por moi ben trazada que esté si lle toca detrás dun camión; e en teoría desdoblarase en autovía, pero para facelo necesitarán máis cartos dos que estaban inicialmente presupostados, porque haberá que sustituir os pasos superiores, así que tardará moito en pasar.
Mentras pensaba esto volvin á autovía mentras esta entraba nunha ponte, e ahí foi donde caín finalmente.. Ese tramo da A-8 é especial, incluso nos trouxeran de visita á obra coa clase de Prefabricación: era o tramo máis corto da autovía,  menos da metade que os demáis, pero valía o mesmo porque case todo era en viaducto. Para darme conta deso naquel momento me serviu Camiños. Quedábanme por diante dez quilómetros seguidos de ponte, cinco minutos máis nos que conducir no sentido equivocado maldecindo a Zenón de Elea sin ningunha puñetera posibilidade de dar a volta hasta chegar por fin á salida da Espiñeira, para pechar dunha vez o círculo, poñerme en dirección a Lugo e deixar de face-lo imbécil.

No hay comentarios:

Publicar un comentario