Álvar Núñez Cabeza de Vaca formaba parte dunha flota de cinco naves e uns 600 colonos que saliron de España en 1527 coa ambición de conquistar Florida e establecer como gobernador ó seu lider, Pánfilo de Narváez, cuio nome, admitamos, non invitaba ó optimismo.
Menos aínda invitaba ó optimismo, claro, que o libro no que Cabeza de Vaca narrou a súa aventura se chamase "Naufragios", pero aínda así nosoutros sabíamos que Cabeza sobrevivira e ademáis tíñamos unha vaga idea de que os españois conquistaran América con moita facilidade, que foran reverenciados como deuses e tal, así que ó principio non lle dimos moita importancia a tódolos problemas que se iban encontrando. Sobreviviron desercións masivas e dúas tormentas tropicales antes incluso de tocar continente americano, pero seguimos adiante, asumindo que á larga serían pequenos problemas, dando por descontada a conquista de Florida.
Fai unhos anos, por cousas da vida, acabei xuntando nunha esquina da habitación un montón de números do País. Á forza de ver medrar o montón semana a semana foime percolando a idea de que estaba acumulando algo importante, un mapa do mundo. No tempo que me levaba pasar unhas follas, Obama era presidente ou un candidato que lle podería dar guerra a Hillary Clinton nas primarias demócratas, Bardem estrenaba unha película dos Coen e gañaba o Óscar por ela despois dunhos segundos buscando o periódico apropiado. Hasta media altura do montón non había iPhone aínda, por increíble que pareza, e unhas páxinas máis abaixo xa non existía Lehman Brothers e Sarkozy iba reinventa-lo capitalismo.
Ó final tuven que tirar os periódicos, evidentemente, pero non podía mandar todo á basura sin máis, tiña nas mans a explicación da burbulla inmobiliaria e da crisis da socialdemocracia europea, o boom de Facebook, a morte de Sadam Hussein. Decidín repasar a pila enteira e refinala, salvar as noticias máis importantes e os mellores artigos.
Pero cando acabei aínda quedaba unha cantidade considerable de recortes e follas soltas, e non sabía moi ben qué podía facer con elas, así que decidín que o único camiño válido era hacia adiante e a única maneira honesta de nadar era mar adentro: seguiría depurando, esta vez soamente as noticias que cambiaron o mundo, solo os máis fragmentos máis redondos dos mellores artigos e reportaxes. Podería ter seguido, quedarme solo cun artículo, ou cun signo de admiración como resumen final, pero nalgún punto daquel proceso continuo de mellora dinme conta de que o único que estaba a facer era, despois de todo, tirar os periódicos.
De igual maneira, en "Naufragios" ós españois vánselles caendo con cada ataque indio trozos da súa brillante armadura de Conquistadores, pero eles siguen adiante derrota tras derrota hasta la victoria final mentras se van convertendo a poucos nunhos pobres infeliciños que necesitarían a alguén que os rescatase.
Finalmente, a balsa (sí, balsa, é unha larga historia) na que iba Cabeza de Vaca separouse da de Pánfilo, que desa maneira desapareceu do libro para non volver, e cando tocou por fin terra firme no Novo Mundo, terra de oportunidades e futura home of the braves, foi capturado sin solución de continuidade pola primeira tribu de nativos que pasaba por alí.

Os seguintes cinco ou seis anos, Cabeza de Vaca traballou para os indios, que o trataron máis ou menos ben, e o empleaban como comerciante ou diplomático entre a súa tribu e as demáis.
A veces téñome preguntado para qué serviría unha máquina do tempo que solo se movese hacia adiante. ¿Pensástedelo algunha vez, qué utilidade real tería unha máquina coa que soamente poidésedes facer fast-forward da vosa vida? Por exemplo, si a Cabeza de Vaca de súpeto lle entrase unha inspiración divina, descubrise cómo facer milagros e pegase un salto no tempo de sete anos, seguiría na mesma aldea ocupado en cambiar peixes por pieles, e sería sete anos máis vello. Un negocio malísimo.
Nosoutros, sin embargo, sí que podemos saltar sete anos na súa vida. Témolo facil: caen dictadores e gáñanse Copas do Mundo ó pasar unha páxina. Unhas cantas follas máis adiante, encontrarémolo embarcado hacia España despois de camiñar desde Florida a Cidade de México, e cunhas ganas tremendas de chegar: naquel momento era un noble relativamente rico, veterano na rexión e que sobrevivira heroicamente a sete anos de cautiverio, estaba nunha posición inmellorable para que o Rei o nombrase Gobernador de Florida.
Pero o barco que o levaba soamente parou nas Canarias antes de volver directamente a América, así que Cabeza de Vaca veuse retido en Tenerife sin posibilidade de chegar a Madrid polo menos nun par de meses. Tal vez desexase saltar no tempo, pero como non sabía facer milagros decidiu aproveitar os meses que tiña que estar alí para escribir a crónica das súas aventuras coa aspiración de facer méritos para reclamar o posto de Adelantado.

Así que temos a Cabeza nun doble punto espacio-temporal: por un lado sobrevivindo moi frugalmente, apoiado na súa inquebrantable fe, traballando como mercader en Florida; e por outro, uns anos máis vello e en Canarias, escribíndose a si mesmo comerciando cunha tribu rival, para demostrar as súas dotes diplomáticas, cando un compañeiro seu recibiu un flechazo, porque era tamén un home capaz de afrontar perigos.
Visto coa perspectiva que da ser viaxeiros no tempo, a verdade é que o libro iba resultando sospeitoso conforme o lees, porque Cabeza de Vaca non paraba de acertar continuamente, dando os consellos máis adecuados para que despois Pánfilo os ignorase e todo fora invariablemente mal, unha e outra vez. De todas maneiras non estaba facendo outra cousa que decora-lo CV ata entón, nada grave: coñecementos de informática por aquí, inglés medio por aló... Pero nese momento, mentras observaba o Teide buscando algunha palabra que se lle escapara, decidiu que in for a penny, in for a pound: si solo tés unha oportunidade de venderte ben diante do Rei, máis che vale non quedarte corto.
Así que deixou marcado co dedo a páxina na que estaba e despois pegou un salto a sete anos antes. Taponou coas mans o corte do seu amigo, rezou un Padrenuestro e, ó levantalas, a ferida milagrosamente desaparecera.
E desa maneira, despois de cinco anos pasando penurias entre os nativos, (tempo durante o cal, é de supoñer, non conseguiría sacarse de encima esa punzante sensación de ter algo na punta da lingua), de boas a primeiras recorda que era capaz de facer sanacións místicas.
Qué pena non terse dado conta, é de supoñer que pensa nese momento, a tempo para salvarlle a vida ós seus compañeiros de expedición. O maior esprit d'escalier da Historia. Que pena non poder viaxar ó pasado, sanalos a todos, revivilos, protexer ó seu líder e facelo Gobernador e decirlle "Tú eres Pánfilo, y sobre este pánfilo construiré mi imperio". Pero un é simplemente humano, pensa, e pasa páxina.
E na páxina seguinte vese a si mesmo ascendendo na escala social da tribu, hasta converterse nun lider, nun profeta. E unha máis aló viaxa de pobo en pobo polo sur do que agora son os Estados Unidos arrastrando fieles consigo, camiñando sin necesidade de comer nin durmir, sanando xente e predicando. Unhas páxinas máis e cruzará o deserto de Sonora como o santo patrón dun exército de indíxenas capaz de conquistar Cidade de México, e forzará ó Gobernador a mandalo a España no primeiro barco que saia de México, con cartos de sobra e unha carta de recomendación. E finalmente verase a si mesmo 8 anos despois, convertido nunha singularidade cuántica, mirando o Teide desde a cuberta do barco que o leva ó seu posto de Adelantado de Buenos Aires e rememorando o día que inventou un milagro.
REFERENCIAS:
"Naufragios y comentarios", de Álvar Núñez Cabeza de Vaca

No hay comentarios:
Publicar un comentario