jueves, 21 de noviembre de 2013

Trenco perdido (e III)

Recordo que na visita de obra que fixemos á A-8 nos mencionaron que tiveran que cambia-la saída que estaba orixinalmente proxectada na Espiñeira por si acaso se facía un corredor a Viveiro.
Esto pasou a principios da década pasada, e supoño que sería unha boa idea. No momento parecíao, pero ese era o clima. Nas clases decíannos que as infraestructuras eran focos de crecemento, que a existencia de boas conexións atraería negocios por si mesma, que os presupostos dos proxectos se podían cadrar tendo en conta o futuro beneficio social.
Pero agora, despois de cinco anos en recesión, o país parece non ter cartos para paga-lo estado de benestar, o presuposto de Fomento baixa xeométricamente cada ano e a obra do corredor está durmindo a sesta dos xustos, confortablemente abrigada entre expedientes informativos.  
Un, que ten unha idea vaga de todo esto, intenta aínda así non ser moi fatalista por aquelo de ir aguantando máis ou menos o que a vida lle pon por diante. Pero mentras sae da autovía e se ve cruzando a calzada por debaxo dunha ponte e circulando aínda 800 metros máis por unha clotoide interminable construida exclusivamente porque había que facerlle sitio a un puñetero corredor antes de chegar á rotonda na que dunha vez por todas consigue da-la volta, solo para inmediatamente despois ter que volver repeti-lo camiño pola mesma clotoide e outra vez por debaixo da autovía e despois por arriba, coma un parvulito aprendendo a atarse os tenis, non pode evitar sentirse víctima dun complot internacional no que todos estaban involucrados, dende os desempleados de Alabama que recibiron hipotecas subprime hasta os que proxectaron o corredor de Viveiro, tiña que ser un corredor, o primeiro paso imaxinario a unha autovía imposible entre a Espiñeira e Viveiro porque si lo construyes ellos vendrán,  pasando por Harry, Emanuel e Mayer Lehman, Angela Merkel e o BCE, todos tramando xuntos crear un enorme furacán noutra punta do mundo que costou millóns de dólares e tardou décadas en producirse, para facer con él que unha pequena avelaíña aletease un pouco na Espiñeira e me jodese a tarde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario