Un vai aguantando millor ou peor todo o que a vida lle pon por diante ata que de repente lle ve as costuras ó guión.
Coma Fran o outro día, na porta da confitería. Tomáramos un café a media tarde e despois volvéramos camiñando á casa, falando, tranquilamente; pero dímonos conta de que nos olvidáramos un paraugas. Corrimos de volta e, to our credit, conseguimos chegar menos de dez minutos despois de que pechase, aproximadamente.
E a min non me molestou, non demasiado, unha anécdota máis que contar aquí ó fin e ó cabo, pero Fran realmente tomouno coma unha derrota personal, porque el xa o sabía, el xa se dera conta antes de botarse a correr, antes de levantarse aquel día incluso, de que a cafetería non podía non estar pechada.

Vouvos contar unha historia, pero antes teño que pegar un rodeo bastante grande, que vai empezar, ademáis, cunha frase moi suculenta; pero vouna deixar abandonada na cuneta moi pronto, non vos faigades ilusións.
Meu pai viaxa a menudo ó estranxeiro e recibe frecuentemente cartas do xulgado. Cartas certificadas enviadas a través de Correos, o que significa, como todos saberedes, que si o carteiro non me pilla na casa no momento que entrega a carta déixame un xustificante deses amarelos para que meu pai vaia a recollela á oficina da calle Mallorca.

Ben, o do xulgado xa queda dito. Naide mencionou Suíza nin "caso Campeón", todo controlado, non se mancou naide. Ahora é cando deixo colgado no aire este comezo prometedor e vos pregunto, por desvia-la atención pero tamén porque é o nome da sección, si a estas alturas sabedes cál é o nivel de frustración equivalente a andar por un prado cheo de rastrillos.
Evidentemente, era cuestión de tempo que o carteiro viñese traerme un paquete e me pillase durmindo, e acabou por pasar; así que pola tarde fun a Correos co resguardo e cunha fotocopia compulsada do DNI de meu pai. Non moi confiado, soamente como tentativa. Aquel primeiro día fixéronme volver á casa coas mans vacías porque o resguardo non iba firmado.

Volvín ó día seguinte indignado coma un pingüino de Adelia, non exactamente pola mañá pero con fuerte viento de Levante, armado coa fotocopia do DNI (compulsada, menciono de novo) e o resguardo, asinado esta vez; cunha firma lixeiramente distinta cá do DNI de meu pai, admítoo, pero suficientemente parecida como para que colase durante anos en boletíns de faltas do instituto, por poñer un exemplo. Despois de examinala detidamente, negáronse a entregarme o paquete, outra vez, porque decidiron que a firma non se parecía dabondo á do DNI e podía estar falsificada.
Así que por segundo día consecutivo volvín á casa coas mans nos petos, sentíndome atascado no medio do campo dos enciños e sin saber moi ben onde pisar; por non seguir coa mala racha, deixei pasar un día sin facer nada.
Cando volvín á oficina, fresco e con ánimos renovados, intentei unha aproximación distinta. Entrei cun sorriso de boa persona, expliqueilles que meu pai estaba no estranxeiro e non tiña moita maneira de que me volvese firmar o resguardo, e dixéronme que non había problema, que o único que tiña que facer meu pai era mandar un documento no que me dese permiso expreso para recolle-lo paquete, asinado cunha firma igual ca do DNI, e cando xa parecía que podía salir tranquilamente da situación sin preocuparme demasiado en onde pisaba, a de Correos engadiu: "...vía fax."

E hasta aquí o nivel de frustración equivalente a camiñar por un prado cheo de enciños. Encontras un problema que pensas que poderás solucionar facilmente, das un paso decidido nunha dirección e lévaste un golpe na cara co mango do rastrillo. Despois, descolocado polo golpe, das un par de pasiños cortos hacia atrás e recibes outra no lombo. E máis ou menos con esto, eu xa tería dabondo: salería a gatas da situación como boamente poidese, escribiría rapidamente un texto e despois edítaaríao moi, moi lentamente, e publicaríao aquí, for your mild amusement.
Non vos contaría que para non tocarlle as narices a meu pai, que estaba ocupado nese país que desde logo que non é Suiza, escaneei a fotocopia compulsada do DNI, recortei a firma con Photoshop, escribín o texto nun documento de Word e peguei o jpeg da firma ó final do documento, e despois mandeino vía fax, porque tiña que ser vía fax, desde un locutorio que hai nos anos 80, xusto a medio camiño entre a miña casa e a calle Mallorca; non volo contaría, claro, porque esa parte xa non sería narrativamente interesante, e porque probablemente sexa ilegal e ademáis non o fixen así. En fin, como empecei dicindo, un vai aguantando millor ou peor o que a vida lle pon por diante e facendo o posible por recolle-las cartas de seu pai.

Pero o caso é que a miña moza, Adri, comproume un libro como regalo de cumpleanos. Encargouno na FNAC de Barcelona antes de virse de vacacións de Nadal, e mandoumo directamente ó piso a Lugo por non traelo na maleta.
O regalo non deu chegado en tódalas vacacións, o cual xa foi un pouco frustrante de por si, pero un día a mediados de Xaneiro, cando ela xa estaba de volta aló, o carteiro pasou pola miña casa. Timbrou ó porteiro e eu contestei. Supoño que esperábades que non estivese ou que me pillase durmindo e o tipo me tivese que deixar un resguardo; pero non, contestei, eu cumplín coa miña parte. O carteiro, sin embargo, fixo algo que non lle tocaba: preguntoume si vivía alí Adriana T.
Non me esperaba aquelo e non o acababa de entender, así que lle abrín o portal sin contestarlle. Cando chegou ó meu piso non traía ningún paquete. Explicoume que a partir de determinado peso non repartían a domicilio, que tería que ir recollelo á oficina de correos.
E nese momento, dinme conta. Como cando adivinas o asesino dez minutos antes do final do capítulo na serie de policías, vin perfectamente claro o que pasaría, encontrei o guión porque a trampa era moi obvia, a regla aquela do peso parecía unha improvisación a última hora do guionista mentras o carteiro subía no ascensor para que o paquete desaparecese da escena.
Despois deso, o guión estaba claro: o carteiro daríame un resguardo no que figuraría, por erro, o nome de Adri como receptora en vez de como remitente. E eu intentaría ir recollelo solo co resguardo e non me deixarían. E firmaría, por si acaso colaba, pero sospeitarían da firma e tería que chamar a Adri para que me mandase unha autorización por escrito. Vía fax. Adri non encontraría un fax porque vive no século XXI, e tería que escanear o seu DNI para mandarmo, pero nin siquiera tén impresora na súa casa porque francamente ¿quén imprime estes días?; así que, entre medias, tardaría unha semana máis en recibir o regalo.

Todo eso pasaría -soupeno naquel mesmo momento- porque xa estaba escrito e tiña que pasar así, igual que a confitería non podía non estar pechada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario