martes, 26 de agosto de 2014

Milagro de North Jackson no Palomar (e II)

Empeza-la segunda parte dun texto que se contaba escribir do tirón parécese ós primeiros minutos dunha prórroga. Ambos equipos, e o escritor tamén, acaban de pasar por un pico de tensión e francamente esperaban estar descansando a estas alturas, así que empezan deixándose levar.
Mentras o escritor comenta algunha xeneralidade para ir tapando a pantalla, os North Jackson Chiefs fan unha ou dúas faltas rutinarias, solo por meterse outra vez na dinámica do xogo. Unha delas cométea Travis Smith, o rapaz que tivera o partido nas súas mans un minuto antes. É a quinta; queda eliminado.
A estas alturas, todos estamos cargados de faltas. Despois de Smith sona un silbato que envía a outro Chief ó banquillo. Volve sonar e esta vez o eliminado é un rapaz de Ribadeo. Con dous minutos de prórroga xogados, os Chiefs non teñen ningún sustituto dispoñible, así que están exactamente igual ca nosoutros, aguantando cos cinco últimos xogadores dispoñibles. Os de Ribadeo, pola súa parte, teñen dous xogadores en cancha.
Unha das técnicas de defensa máis crueles do baloncesto consiste en deixarlle o balón e todo o espacio que queira ó peor do equipo rival, únicamente cortándolle as liñas de pase. Chámaselle "flotar ó xogador".
Cando eres rotundamente malo entras na cancha seis ou sete minutos cada partido para que descanse o teu titular e para realizar certas labores loxísticas que fan que o partido siga en movemento: cortar á zona para abrir espacios, pasar pronto a pelota para que circule con velocidade, bascular en defensa de lado forte a lado débil, ir ás axudas e ós bloqueos e a pecha-los rebotes.
Pero no medio dunha xogada calquera veste coa pelota nas mans, con todo o tempo do mundo para pensar e elevado de todas esas labores oscuras que te abruman, e a situación toma un tinte irreal, onírico. Os rivales mírante con respeto, deixando distancia.
Entonces caes na conta de que hai un reloxo correndo e necesitas toma-la responsabilidade de atacar, e sintes que te acaban de pillar bailando cando xa apagaran a música. A partir daquí o único límite márcao a túa desesperación: tiros de nove metros, dobles flagrantes, bandexas cos dous pés no chan... Eu unha vez púxenme a botar, funme fácilmente do meu defensor e mentín unha canasta fácil, con inusitada solvencia, solo para descubrir que confundira a liña do campo de baloncesto cunha de futbito que había pintada ó lado e levaba desde o principio da xogada botando fóra.
Na prórroga atacamos coma si nos estiveran flotando ós cinco á vez; sin posicións, sin orden nin concerto, con botes nos pés e pases mal dados. Aínda así, a trompicóns, vamos metendo algunha canasta, porque despois de todo estamos xogando contra dous.
Entonces chega o peor momento: un dos de Ribadeo colócase na liña de fondo para sacar, molestado aínda que non moito por un dos nosos, mentras que o outro corre en zig-zag para encontrar un pase e tódolos demáis tratamos de defendelo ou tapa-lo pase ou bascular ó lado débil ou sabe dios qué, pero en xeral acabamos correndo detrás del como unha fila de patos seguindo a súa mai.
Encontran o pase unha e outra vez, e a partir de ahí o que saca nin siquiera se molesta en subir ó ataque; quédase no seu campo mirando cómo o seu compañeiro e os catro incompetentes que o seguimos, desesperados e a punto de desbandar, nos vamos achegando pouco a pouco á canasta. Un par de veces incluso se senta, na súa bombilla. Despois nosoutros tropezámonos ou facémonos bloqueos a nosoutros mesmos, ou saltamos todos a un tempo, catro defensores caendo á vez na mesma finta, un espectáculo digno de ver, e cando nos queremos dar conta o de Ribadeo meteuos outro triple.
Mentras tanto, no outro partido ambos equipos teñen un número previsible de xogadores e esquemas razonables, así que se mantén equilibrado. Cando quedan menos de dous minutos para o final da prórroga, os silbatos sonan tres veces. Dúas delas, apenas con dous segundos de diferencia, marcan a eliminación de dous Chiefs. A terceira é no Palomar. Ó triplista de Ribadeo escápaselle o balón e fórmase unha montonera, plumas volando por todas partes, durante a cal me pegan un manotazo na muñeca. Probablemente alguén do meu equipo, aínda que solo sexa por estadística. O árbitro para o partido e pítame falta a min. A quinta, tamén. Terei que ve-lo final do partido no banquillo.
A falta de 32 segundos por xogarse, North Jackson vai tres puntos por detrás de Fort Payne, con dous xogadores menos en cancha e sin a posesion. A lóxica dicta que faigan falta e paren reloxo, posiblemente Chad Cobb que solo leva dúas, e despois esperen ó fallo de Fort Payne nos tiros libres. En lugar deso, tenen un destello de boa sorte e un xogador de Fort Payne comete pasos, así que recuperan a pelota directamente. Cobb asume a responsabilidade do ataque. Recibe do pivot, levántase en carreira marcado por dous xogadores e lanza un triple desde moi lonxe. O balón describe unha parábola moi aberta e acaba entrando limpia.
O público que abarrota o pabellón vólvese tolo, as cheerleaders animan, Jad e Robert gritan emocionados, Thomas Lake tén que pasarse ás maiúsculas na transcripción porque o speaker do pabellón está gritando, con toda a forza que pode "¡EMPATE A 67!". Eu míroo desde o banquillo e probablemente sexa porque aínda estou cabreado pola miña eliminación, pero non me resulta particularmente emocionante.
No mesmo episodio de Radiolab no que oín esta historia entrevistaban antes a Malcolm Gladwell. Estaba presentando un libro sobre David e Goliath, posiblemente todo o programa fose unha excusa para falar con el. Gladwell defendía en Radiolab que deberíamos apoiar ó favorito. Argumentábao de moi diversas maneiras, o tipo é brillante; decía por exemplo que o que está en desventaxa teórica pode xogar coas normas: permitímoslle a David que vaia armado, ó Atlético que se dedique a defender durante 50 minutos na final da Champions League. Supoño que tén razón, pero a min flotábanme de pequeno e hai cousas que non son capaz de procesar.
O partido sigue empatado a falta de 15 segundos, cando cae eliminado por faltas o antepenúltimo Chief. A prórroga estase acabando e un xogador de Fort Payne tén dous tiros libres para poñer ó seu equipo por diante. Respira fondo, flexiona as rodillas, centra a mirada na traseira do aro. Falla o primeiro. Bota forte un par de veces cando o árbitro lle devolve o balón e despois agárrao, recupera o tacto, recalibra a forza. Falla o segundo. O único límite, etc. Un compañeiro seu caza o rebote e mete canasta con inusitada solvencia, pero os árbitros anúlana por unha falta anterior. A pelota é para os Chiefs. Un formigueo de entusiasmo recorre o pabellón.
Outro dos razonamentos que fai Gladwell é que o favorito está obligado a gañar. Non lle supoñerá ningunha alegría, pero é a súa obligación; non facelo sería un desastre. Mentras o espectador, e Jad e Robert, animan casi involuntariamente ó underdog, están pasando por alto o verdadeiro drama que teñen diante. O partido escápasenos sin que seipamos cómo evitalo, estamos nadando contra corrente, tratando de manter a cabeza alta e pateando desesperados baixo a auga. Non entendemos nada, deberíamos estar peleando polo basket-average.
Un dos Chiefs colócase na liña de fondo para sacar, molestado aínda que non moito por un rival, mentras que o outro corre en zig-zag para encontrar un pase, e os demáis Wildcats tratan de defendelo pero en xeral acaban correndo detrás del. Finalmente recibe e acaba por tirar un triple en carreira.
Falla, pero o que sacara, en lugar de quedarse no seu campo, correu toda a pista sin oposición e plantouse debaixo do aro rival xusto a tempo para recolle-lo tiro do seu compañeiro. Os Wildcats danse conta e corren hacia el en desbandada. Fai unha finta de tiro e caen catro Wildcats á vez, plumas volando por todas partes, un espectáculo digno de ver.
Mete a canasta definitiva no último segundo. Unha escena de película.


REFERENCIAS
"2 on 5" de Thomas Lake

No hay comentarios:

Publicar un comentario