lunes, 30 de junio de 2014

Ciencia e aventura

A expedición Discovery foi organizada conxunta e moi disputadamente por dúas asociacións científicas, a Royal Society e a Royal Geographical Society (RGS de aquí en diante), cuias diferencias a priori cabe supoñer que non serían moi grandes.
A Royal Society, fiel a unha historia na que participaran por igual matemáticos, biólogos e inventores, fixaba unha serie moi amplia de obxectivos científicos (recollida e estudio de especímenes, análise da meteoroloxía, establecemento dunha historia xeolóxica, etc), estudiando en profundidade as zonas xa coñecidas. Pola súa banda, a RGS, co seu presidente Clements Markham ó frente, pretendía centra-la expedición na exploración xeográfica do que por entonces aínda era un vacío nos mapas, terra incognita, hic sunt dracones
A diverxencia parece pequena, pero é un punto de apoio no que facer palanca. Así, pódese exemplificar coa Discovery o dificil equilibrio entre ciencia e aventura, ciencia e espectáculo: establecer un obxectivo coma unha marca de furthest South atraería o interés do público e aseguraría a financiación; pero a razón lexitimadora do esforzo era o avance da ciencia, o ben común.
Este conflicto reprodúcese constantemente na exploración moderna, desde que cristianizar salvaxes a base de milagros deixou de ser unha excusa admisible para botarse ó mar. A carreira espacial(1), por exemplo, foi un choque de cervos de catorce puntas pero estivo pavimentado de descubrimentos e avances tecnolóxicos; Thor Heyerdahl navegou na Kon-Tiki para probar que era posible que a Polinesia fora colonizada dende América, e o seu viaxe foi ó mesmo tempo unha aventura prodixiosa e un experimento científico relativamente inútil.
Pero o problema vai máis aló, e chega incluso á inauguración do Mundial de Brasil(2). E vén sendo o mesmo que enfrontan os divulgadores científicos e incluso eu, modestamente: facer artículos atractivos e interesantes, listas de 8 experimentos científicos que farán que creas en fantasmas escritas en párrafos cortos cheos de fotografías; ou ben construir muros de texto inmisericordes como acantilados de xeo con ovos de pascua oscuros e valiosos. Haberá términos medios para facer esto, por cierto, pero este es Pedro y sobre esta piedra edificaré mi Iglesia, ou algo así.
Falando da carreira espacial, digo como si non fose eu o que meticulosamente deixei caer na frase anterior unha referencia a ela para introducir este tema, estou lendo ultimamente sobre outro bon exemplo deste equilibrio.
O ISEE-3 era un satélite lanzado pola NASA en 1978 para estudia-la interacción entre o campo magnético terrestre e o vento solar, que en 1982 estaba tranquilamente orbitando en torno a un punto de equilibrio gravitatorio entre a Terra e o Sol(3), recollendo datos e realizando un traballo oscuro e valioso para a Ciencia, é de supoñer; pero entonces véuselle encima metafóricamente o cometa Halley(4).
O Halley iba achegarse á Terra por primeira vez na era espacial (por primeira vez, de feito, desde a primavera de 1910, cando Wilson, Bowers e Cherry estaban preparándose para embarcar no Terra Nova), e varias axencias espaciais querían aproveitar esa oportunidade de ouro para mandar sondas ó seu encontro. Estábase formando unha "Halley Armada", na que participarían os xaponeses, os europeos e os rusos, que mandaban dúas naves. Pero a NASA non preparara nada. E estamos falando dos anos 80, da Guerra Fría e a Guerra das Galaxias; había peleas que EEUU simplemente non podía rexeitar. Iba ser un desastre propagandístico.
Así que se agarraron a unha medida de última hora ideado por un matemático de órbitas chamado Robert Farquhar: en 1982 cancelaron abruptamente a misión da ISEE-3, sacárona da súa órbita e colocárona nunha ruta que a levaría finalmente a cruzarse máis ou menos co Halley en 1986, pero sobre todo co Giacobini-Zinner no ano 85, unhos meses antes de que os rusos e o resto da Armada chegase ó Halley. A ISEE-3 converteuse na primeira nave en sobrevolar un cometa, e esa particular furthest South evitoulle a vergonza mediática á NASA.
Vista sin ter nin idea, a ruta que Farquhar lle fai tomar á ISEE-3 é fascinante. Primeiro frénaa elegantemente na súa órbita e a nave cae hacia a Terra, pero aceléraa o xusto para que pase de largo. Acaba por pararse de novo, sobre as puntas dos pés, e volve a caer hacia a Terra coma un alfil atacando e a pasar de largo; repíteo unha e outra vez, describindo oitos, complicados pasos de baile cada vez máis rápido, colándose entre a Lúa e a Terra con gracilidade. A danza de Farquhar acaba nun final apoteósico no que a Lúa desvía á ISEE-3 coma se fosen bolas de snooker, prométovolo, e a manda nunha nova traxectoria na que acaba por cruzarse cos cometas.
É unha demostración de precisión, un testimonio de xenialidade(5), e sálvalle a honra á NASA; pero faino a costa de cancela-la misión orixinal da nave e interrumpi-la súa labor científica. Ademáis é un logro vacío, porque a ISEE-3 estaba diseñada para estudiar algo moi concreto, e non tiña o instrumental adecuado para que a lanzasen á aventura de cazar cometas.
O equipo orixinal da nave protestou amargamente, incluso na prensa, denunciando que Farquhar lles roubara a ISEE-3. El defendeuse decindo que en realidade a tomara prestada: a nova órbita devolveríaa finalmente ás cercanías da Terra nunhas décadas, e entonces ocuparse dela sería responsabilidade de quen mandase na NASA naquel momento.
Pero foron pasando os anos e o que a axencia espacial fixo foi basicamente olvidarse da nave. En 1999 apagaron os seus dispositivos de voo e despois cambiaron o hardware e os transmisores do telescopio dende o que a controlaban por outros máis novos; en 2008, cando foi tempo de planificar qué facer coa nave, decidiron que era urxente poñerse a esperar, coma Cabanillas.
E ahora está de volta. Vai achegarse á Lúa o 10 agosto. Visto que a NASA estaba deixándoa pasar, un grupo de aficionados (programadores, enxeñeiros, físicos) decidiron organizarse e rescata-la ISEE-3 pola súa conta. Pretendían devolvela á misión orixinal da que foi roubada fai 32 anos, recuperala para a Ciencia e concederlle un último baile cando xa a deran por amortizada.
Primeiro estableceron una campaña de crowdfunding a través da que obtiveron financiación, despois conseguiron o permiso da NASA e alquilaron tempo nun telescopio, recuperaron ou recrearon con tecnoloxía moderna os transmisores que a NASA tirara nos 2000, e tomaron o control da nave. Publico esta entrada o 1 de xullo, e as cousas tenen moi boa pinta: hoxe mesmo recibiron por primeira vez datos do magnetómetro da nave, e mañá mesmo conseguirán activar dous dos propulsores e varia-la súa velocidade de xiro.
Pero non o van conseguir. Intentarán volver encende-los motores durante catro semanas. Concluirán que perderon o gas que presuriza o combustible e o move polas tuberías do sistema de propulsión, e aínda que todo o demáis funcione increíblemente ben para unha vella máquina que leva 40 anos dando voltas polo espacio, ese problema será suficiente para que non poidan redirixi-la nave. Así que se resignarán a deixala marchar na mesma órbita; pero antes encenderán todo o instrumental científico e declararán inaugurada, con certo gusto polas palabras rimbombantes, a primeira "Citizen Science Interplanetary Mission".
A min téñenme gañado para a causa, claro. Desde o principio, desde o romanticismo da idea inicial dun grupo de hackers e amateurs rescatando unha vella nave "menos intelixente ca unha tostadora" e recuperándoa para o ben común, contando ademáis coa axuda de Farquhar, que a estas alturas é un venerable señor de oitenta e dous anos. Unha historia fascinante, espectacular.
Pero non está moi claro durante cánto tempo serán capaces os radioaficionados de recibi-los datos que rexistre a ISEE-3, ou si serán capaces de interpretalos. Necesitarán alquilar máis tempo nos radiotelescopios da NASA, e finalmente incluso estes deixarán de captar a súa señal. Corre o risco de converterse noutra marca de furthest South, atractiva pero vacía.
Igual estou estirando demasiado a idea orixinal, así que será millor que volvamos unhas páxinas máis atrás. De volta á expedición Discovery, os científicos acabaron resignándose a que necesitaban para os seus experimentos a alguén que os levase hasta alí, que fose capaz de establecer e organizar un campamento e que en xeral cargase pesos; así que o comité de organización, despois de nombrar xefe da expedición ó xeólogo John W. Gregory, contratou por recomendación da RGS a un capitán da Marina chamado Robert Scott ó que lle deron o mando do HMS Discovery e unhas intruccións bastante condescendientes: "(T)he Captain would be instructed to give such assistance as required in dredging, tow-netting etc., to place boats where required at the disposal of the scientific staff."
Nalgunha parte escribín xa sobre cómo somos capaces de resumi-la independencia de Cataluña e a loita entre neoliberalismo e socialdemocracia nun derbi de fútbol, ou usa-la rivalidade entre dous ciclistas coma metáfora da caída do fascismo en Italia. Non costa nada crear unha mitoloxía que encha o fuado entre a Royal Society e a RGS: contrapoñe-la sensatez conservadora e un tanto gris frente a unha fuxida hacia adiante, debuxa-la caricatura dun ratón de laboratorio en bata blanca, incapaz de facer lume, montado nun trineo e sendo arrastrado por Mal Reynolds.
Neste clima de disputas, que podedes sentirvos libres de extrapolar á rivalidade futbolística que queirades, xurdiu a figura polarizadora de Scott, que se rebelou co apoio de Markham e a Royal Navy. Esixiu te-lo control absoluto da expedición, tanto no barco coma en terra; provocou a dimisión de Gregory, quen se marchou declarando que o traballo científico "non debería estar subordinado a unha aventura naval"; conseguiu que o Almirantazgo liberase das súas funcións a outros oficiais da Marina para que o arroupasen; e finalmente estableceu o código naval entre tódolos expedicionarios, fora cal fora a súa orixe.
O plantel científico, dentro dunha tripulación total de 49 personas, acabou por constar de cinco membros. Entre eles había un xeólogo de 22 anos e un médico recién licenciado, e respondían en teoría ante un xefe científico que nin siquiera viaxara á Antártida, senón que se quedara en Sudáfrica.
Curiosamente, foi neste menguado grupo rival onde Scott encontrou ó seu máis cercano colaborador: o médico e zoólogo Edward Wilson, un home diplomático, paciente e optimista, que mantiña moi boas relacións con tódolos oficiais e mariñeiros.
Scott propúxolle a Wilson que o acompañara no seu proxecto personal: pretendía realizar unha gran viaxe de exploración en dirección Sur na temporada de verán de 1902. Non se marcaba o Polo como obxectivo, pero non renunciaría a el si o tiña cerca. Wilson tivo reticencias porque tiña un traballo oscuro e valioso que realizar e non quería deixalo de lado; pero sabía que Scott lle estaba a brindar unha oportunidade que tódolos demáis membros da expedición desexaban, así que finalmente aceptou.
Como consecuencia desto, cando o teniente Skelton encontrou unha colonia de pingüinos Emperador baixo o cabo Crozier, a única persona da expedición que entendía a importancia científica daquel descubrimiento estaba camiñando en dirección Sur con Scott e Shackleton, lanzado á aventura, perseguindo cometas. 



 
REFERENCIAS
"El peor viaje del mundo" de Apsley Cherry-Garrard

 (1) A carreira ó Everest, sin embargo, esquivou hasta onde eu sei a tentación de autoxustificarse apelando ó ben común. A un dos seu participantes, George Mallory, atribúeselle a frase de que quería escalar a montaña simplemente "because it is there". Que esa frase seña unha simplificación casi ridícula do que realmente escribiu é outro asunto, claro.
 (2) O saque inicial do Mundial foi realizado por un rapaz parapléxico que empleaba un exoesqueleto controlado pola súa mente. Por participar nesta maniobra publicitaria, o doctor Nicolelis recibiu financiación pública para o seu proxecto; por outra parte, o seu obxectivo inicial era emplear unha técnica moi avanzada (implantes cerebrales para controla-lo exoesqueleto), pero as prisas do Mundial obligárono a resignarse a outra (un gorro de electrodos) que xa se utilizara moitas máis veces.
(3) A estes puntos de equilibrio chámaselles Lagrangianos, en honor a Joseph-Louis de Lagrange(4), quen enunciou o teorema do punto medio. A relación deste coa existencia de solucións para as ecuacións do sistema Terra-Sol é probablemente trivial, si recordo ben as miñas clases de Cálculo I. Farquhar foi o descubridor das "órbitas de halo" gracias ás cales unha nave pode orbitar en torno ós Lagrangianos, que son puntos sin atracción gravitatoria propia, así que era o causante de que a ISEE-3 estivese alí para empezar.
(4) Curiosamente Lagrange empezouse a interesar polas matemáticas a raíz de ler un libro de Edmund Halley cando era adolescente, o que é un dato secundario que dota de simetría ou circularidade á aventura da ISEE-3. Halley por outra parte era membro da Royal Society, pero igual me estou pasando co da simetría. Ás veces levo as ideas lonxe de máis.
(5) Farquhar foi o descubridor das "órbitas de halo" gracias ás cales unha nave pode orbitar en torno ós Lagrangianos, que son puntos sin atracción gravitatoria propia; era o causante, por tanto, de que a ISEE-3 estivese alí to begin with. Escribe Quirantes que diseñaba as misións pade forma que os momentos máis importantes, coma por exemplo as insercións orbitais, coincidisen con aniversarios de bodas e cumpleanos da súa familia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario