Mostrando entradas con la etiqueta Viaxe circumpolar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Viaxe circumpolar. Mostrar todas las entradas

lunes, 30 de junio de 2014

Ciencia e aventura

A expedición Discovery foi organizada conxunta e moi disputadamente por dúas asociacións científicas, a Royal Society e a Royal Geographical Society (RGS de aquí en diante), cuias diferencias a priori cabe supoñer que non serían moi grandes.
A Royal Society, fiel a unha historia na que participaran por igual matemáticos, biólogos e inventores, fixaba unha serie moi amplia de obxectivos científicos (recollida e estudio de especímenes, análise da meteoroloxía, establecemento dunha historia xeolóxica, etc), estudiando en profundidade as zonas xa coñecidas. Pola súa banda, a RGS, co seu presidente Clements Markham ó frente, pretendía centra-la expedición na exploración xeográfica do que por entonces aínda era un vacío nos mapas, terra incognita, hic sunt dracones
A diverxencia parece pequena, pero é un punto de apoio no que facer palanca. Así, pódese exemplificar coa Discovery o dificil equilibrio entre ciencia e aventura, ciencia e espectáculo: establecer un obxectivo coma unha marca de furthest South atraería o interés do público e aseguraría a financiación; pero a razón lexitimadora do esforzo era o avance da ciencia, o ben común.
Este conflicto reprodúcese constantemente na exploración moderna, desde que cristianizar salvaxes a base de milagros deixou de ser unha excusa admisible para botarse ó mar. A carreira espacial(1), por exemplo, foi un choque de cervos de catorce puntas pero estivo pavimentado de descubrimentos e avances tecnolóxicos; Thor Heyerdahl navegou na Kon-Tiki para probar que era posible que a Polinesia fora colonizada dende América, e o seu viaxe foi ó mesmo tempo unha aventura prodixiosa e un experimento científico relativamente inútil.
Pero o problema vai máis aló, e chega incluso á inauguración do Mundial de Brasil(2). E vén sendo o mesmo que enfrontan os divulgadores científicos e incluso eu, modestamente: facer artículos atractivos e interesantes, listas de 8 experimentos científicos que farán que creas en fantasmas escritas en párrafos cortos cheos de fotografías; ou ben construir muros de texto inmisericordes como acantilados de xeo con ovos de pascua oscuros e valiosos. Haberá términos medios para facer esto, por cierto, pero este es Pedro y sobre esta piedra edificaré mi Iglesia, ou algo así.
Falando da carreira espacial, digo como si non fose eu o que meticulosamente deixei caer na frase anterior unha referencia a ela para introducir este tema, estou lendo ultimamente sobre outro bon exemplo deste equilibrio.
O ISEE-3 era un satélite lanzado pola NASA en 1978 para estudia-la interacción entre o campo magnético terrestre e o vento solar, que en 1982 estaba tranquilamente orbitando en torno a un punto de equilibrio gravitatorio entre a Terra e o Sol(3), recollendo datos e realizando un traballo oscuro e valioso para a Ciencia, é de supoñer; pero entonces véuselle encima metafóricamente o cometa Halley(4).
O Halley iba achegarse á Terra por primeira vez na era espacial (por primeira vez, de feito, desde a primavera de 1910, cando Wilson, Bowers e Cherry estaban preparándose para embarcar no Terra Nova), e varias axencias espaciais querían aproveitar esa oportunidade de ouro para mandar sondas ó seu encontro. Estábase formando unha "Halley Armada", na que participarían os xaponeses, os europeos e os rusos, que mandaban dúas naves. Pero a NASA non preparara nada. E estamos falando dos anos 80, da Guerra Fría e a Guerra das Galaxias; había peleas que EEUU simplemente non podía rexeitar. Iba ser un desastre propagandístico.
Así que se agarraron a unha medida de última hora ideado por un matemático de órbitas chamado Robert Farquhar: en 1982 cancelaron abruptamente a misión da ISEE-3, sacárona da súa órbita e colocárona nunha ruta que a levaría finalmente a cruzarse máis ou menos co Halley en 1986, pero sobre todo co Giacobini-Zinner no ano 85, unhos meses antes de que os rusos e o resto da Armada chegase ó Halley. A ISEE-3 converteuse na primeira nave en sobrevolar un cometa, e esa particular furthest South evitoulle a vergonza mediática á NASA.
Vista sin ter nin idea, a ruta que Farquhar lle fai tomar á ISEE-3 é fascinante. Primeiro frénaa elegantemente na súa órbita e a nave cae hacia a Terra, pero aceléraa o xusto para que pase de largo. Acaba por pararse de novo, sobre as puntas dos pés, e volve a caer hacia a Terra coma un alfil atacando e a pasar de largo; repíteo unha e outra vez, describindo oitos, complicados pasos de baile cada vez máis rápido, colándose entre a Lúa e a Terra con gracilidade. A danza de Farquhar acaba nun final apoteósico no que a Lúa desvía á ISEE-3 coma se fosen bolas de snooker, prométovolo, e a manda nunha nova traxectoria na que acaba por cruzarse cos cometas.
É unha demostración de precisión, un testimonio de xenialidade(5), e sálvalle a honra á NASA; pero faino a costa de cancela-la misión orixinal da nave e interrumpi-la súa labor científica. Ademáis é un logro vacío, porque a ISEE-3 estaba diseñada para estudiar algo moi concreto, e non tiña o instrumental adecuado para que a lanzasen á aventura de cazar cometas.
O equipo orixinal da nave protestou amargamente, incluso na prensa, denunciando que Farquhar lles roubara a ISEE-3. El defendeuse decindo que en realidade a tomara prestada: a nova órbita devolveríaa finalmente ás cercanías da Terra nunhas décadas, e entonces ocuparse dela sería responsabilidade de quen mandase na NASA naquel momento.
Pero foron pasando os anos e o que a axencia espacial fixo foi basicamente olvidarse da nave. En 1999 apagaron os seus dispositivos de voo e despois cambiaron o hardware e os transmisores do telescopio dende o que a controlaban por outros máis novos; en 2008, cando foi tempo de planificar qué facer coa nave, decidiron que era urxente poñerse a esperar, coma Cabanillas.
E ahora está de volta. Vai achegarse á Lúa o 10 agosto. Visto que a NASA estaba deixándoa pasar, un grupo de aficionados (programadores, enxeñeiros, físicos) decidiron organizarse e rescata-la ISEE-3 pola súa conta. Pretendían devolvela á misión orixinal da que foi roubada fai 32 anos, recuperala para a Ciencia e concederlle un último baile cando xa a deran por amortizada.
Primeiro estableceron una campaña de crowdfunding a través da que obtiveron financiación, despois conseguiron o permiso da NASA e alquilaron tempo nun telescopio, recuperaron ou recrearon con tecnoloxía moderna os transmisores que a NASA tirara nos 2000, e tomaron o control da nave. Publico esta entrada o 1 de xullo, e as cousas tenen moi boa pinta: hoxe mesmo recibiron por primeira vez datos do magnetómetro da nave, e mañá mesmo conseguirán activar dous dos propulsores e varia-la súa velocidade de xiro.
Pero non o van conseguir. Intentarán volver encende-los motores durante catro semanas. Concluirán que perderon o gas que presuriza o combustible e o move polas tuberías do sistema de propulsión, e aínda que todo o demáis funcione increíblemente ben para unha vella máquina que leva 40 anos dando voltas polo espacio, ese problema será suficiente para que non poidan redirixi-la nave. Así que se resignarán a deixala marchar na mesma órbita; pero antes encenderán todo o instrumental científico e declararán inaugurada, con certo gusto polas palabras rimbombantes, a primeira "Citizen Science Interplanetary Mission".
A min téñenme gañado para a causa, claro. Desde o principio, desde o romanticismo da idea inicial dun grupo de hackers e amateurs rescatando unha vella nave "menos intelixente ca unha tostadora" e recuperándoa para o ben común, contando ademáis coa axuda de Farquhar, que a estas alturas é un venerable señor de oitenta e dous anos. Unha historia fascinante, espectacular.
Pero non está moi claro durante cánto tempo serán capaces os radioaficionados de recibi-los datos que rexistre a ISEE-3, ou si serán capaces de interpretalos. Necesitarán alquilar máis tempo nos radiotelescopios da NASA, e finalmente incluso estes deixarán de captar a súa señal. Corre o risco de converterse noutra marca de furthest South, atractiva pero vacía.
Igual estou estirando demasiado a idea orixinal, así que será millor que volvamos unhas páxinas máis atrás. De volta á expedición Discovery, os científicos acabaron resignándose a que necesitaban para os seus experimentos a alguén que os levase hasta alí, que fose capaz de establecer e organizar un campamento e que en xeral cargase pesos; así que o comité de organización, despois de nombrar xefe da expedición ó xeólogo John W. Gregory, contratou por recomendación da RGS a un capitán da Marina chamado Robert Scott ó que lle deron o mando do HMS Discovery e unhas intruccións bastante condescendientes: "(T)he Captain would be instructed to give such assistance as required in dredging, tow-netting etc., to place boats where required at the disposal of the scientific staff."
Nalgunha parte escribín xa sobre cómo somos capaces de resumi-la independencia de Cataluña e a loita entre neoliberalismo e socialdemocracia nun derbi de fútbol, ou usa-la rivalidade entre dous ciclistas coma metáfora da caída do fascismo en Italia. Non costa nada crear unha mitoloxía que encha o fuado entre a Royal Society e a RGS: contrapoñe-la sensatez conservadora e un tanto gris frente a unha fuxida hacia adiante, debuxa-la caricatura dun ratón de laboratorio en bata blanca, incapaz de facer lume, montado nun trineo e sendo arrastrado por Mal Reynolds.
Neste clima de disputas, que podedes sentirvos libres de extrapolar á rivalidade futbolística que queirades, xurdiu a figura polarizadora de Scott, que se rebelou co apoio de Markham e a Royal Navy. Esixiu te-lo control absoluto da expedición, tanto no barco coma en terra; provocou a dimisión de Gregory, quen se marchou declarando que o traballo científico "non debería estar subordinado a unha aventura naval"; conseguiu que o Almirantazgo liberase das súas funcións a outros oficiais da Marina para que o arroupasen; e finalmente estableceu o código naval entre tódolos expedicionarios, fora cal fora a súa orixe.
O plantel científico, dentro dunha tripulación total de 49 personas, acabou por constar de cinco membros. Entre eles había un xeólogo de 22 anos e un médico recién licenciado, e respondían en teoría ante un xefe científico que nin siquiera viaxara á Antártida, senón que se quedara en Sudáfrica.
Curiosamente, foi neste menguado grupo rival onde Scott encontrou ó seu máis cercano colaborador: o médico e zoólogo Edward Wilson, un home diplomático, paciente e optimista, que mantiña moi boas relacións con tódolos oficiais e mariñeiros.
Scott propúxolle a Wilson que o acompañara no seu proxecto personal: pretendía realizar unha gran viaxe de exploración en dirección Sur na temporada de verán de 1902. Non se marcaba o Polo como obxectivo, pero non renunciaría a el si o tiña cerca. Wilson tivo reticencias porque tiña un traballo oscuro e valioso que realizar e non quería deixalo de lado; pero sabía que Scott lle estaba a brindar unha oportunidade que tódolos demáis membros da expedición desexaban, así que finalmente aceptou.
Como consecuencia desto, cando o teniente Skelton encontrou unha colonia de pingüinos Emperador baixo o cabo Crozier, a única persona da expedición que entendía a importancia científica daquel descubrimiento estaba camiñando en dirección Sur con Scott e Shackleton, lanzado á aventura, perseguindo cometas. 



 
REFERENCIAS
"El peor viaje del mundo" de Apsley Cherry-Garrard

 (1) A carreira ó Everest, sin embargo, esquivou hasta onde eu sei a tentación de autoxustificarse apelando ó ben común. A un dos seu participantes, George Mallory, atribúeselle a frase de que quería escalar a montaña simplemente "because it is there". Que esa frase seña unha simplificación casi ridícula do que realmente escribiu é outro asunto, claro.
 (2) O saque inicial do Mundial foi realizado por un rapaz parapléxico que empleaba un exoesqueleto controlado pola súa mente. Por participar nesta maniobra publicitaria, o doctor Nicolelis recibiu financiación pública para o seu proxecto; por outra parte, o seu obxectivo inicial era emplear unha técnica moi avanzada (implantes cerebrales para controla-lo exoesqueleto), pero as prisas do Mundial obligárono a resignarse a outra (un gorro de electrodos) que xa se utilizara moitas máis veces.
(3) A estes puntos de equilibrio chámaselles Lagrangianos, en honor a Joseph-Louis de Lagrange(4), quen enunciou o teorema do punto medio. A relación deste coa existencia de solucións para as ecuacións do sistema Terra-Sol é probablemente trivial, si recordo ben as miñas clases de Cálculo I. Farquhar foi o descubridor das "órbitas de halo" gracias ás cales unha nave pode orbitar en torno ós Lagrangianos, que son puntos sin atracción gravitatoria propia, así que era o causante de que a ISEE-3 estivese alí para empezar.
(4) Curiosamente Lagrange empezouse a interesar polas matemáticas a raíz de ler un libro de Edmund Halley cando era adolescente, o que é un dato secundario que dota de simetría ou circularidade á aventura da ISEE-3. Halley por outra parte era membro da Royal Society, pero igual me estou pasando co da simetría. Ás veces levo as ideas lonxe de máis.
(5) Farquhar foi o descubridor das "órbitas de halo" gracias ás cales unha nave pode orbitar en torno ós Lagrangianos, que son puntos sin atracción gravitatoria propia; era o causante, por tanto, de que a ISEE-3 estivese alí to begin with. Escribe Quirantes que diseñaba as misións pade forma que os momentos máis importantes, coma por exemplo as insercións orbitais, coincidisen con aniversarios de bodas e cumpleanos da súa familia.

sábado, 14 de junio de 2014

Un volcán extinto na Antártida

O monte Terror recibe ese nome tan apropiado para un conto de Lovecraft polo HMS Terror, o segundo barco da expedición de James C. Ross(1) (you might remember him from such geographical features as the Ross Sea, the Ross Ice Barrier or the Ross Island) quen, posiblemente despois de constatar o pouco práctico que resultaba poñerlle o seu nome a todo aquelo que a súa vista abarcaba, nombrou dous dos volcáns da súa illa como Erebus e Terror, polas naves da súa expedición; e aínda despois dedicoulle un mísero cabo na base do monte Terror ó seu suposto mellor amigo, Francis Crozier, capitán do barco Terror.
E agora, ante a posibilidade de que alguén siga interesado no que vos estou contando, deixade que me líe nunha confusa explicación científica que non acabo de comprender. Pese ó que pensábamos ós que non temos nin idea do tema, o xeo da Antártida non está eternamente quieto e acumulándose por los siglos de los siglos, senón que forma correntes, igual que a auga líquida, que flúen por gravidade desde o centro do continente a través de glaciares ás placas flotantes da costa. A Barreira de Ross é, máis ou menos(2), unha lengua de xeo que avanza densa e pesada ata desembocar no mar, formando un impresionante acantilado de ata 50 metros de altura(4) que se extende 600 kilómetros ó Este da illa de Ross e que tén(6) máis de catarata que de muro de xeo.
E prácticamente o único obstáculo que encontra ó seu paso esa lenta riada é o cabo Crozier, un brazo de terra que non debería estar alí, no extremo oriental da illa de Ross, á sombra do Terror. O xeo acumúlase coa forza seca e simple das reglas da natureza cumplíndose sobre el, e prodúcese unha batalla en sordina entre a lengua de xeo e o monte Terror, 3.000 metros de volcán resistindo de pé un empuxe avasallador, coma un árbol no medio dunha riada. Ademáis desa violencia soterrada, que provoca ruxidos e temblores, o vento nesa zona é un dos peores da Terra, hai tormentas constantes e un mar que bate con forza sobre as covas e crevassesnos acantilados de xeo, desprendendo témpanos enormes que caen con estrépito dende as alturas.
Cherry escribe que o cabo Crozier é "the kind of place where giants have had a good time in their childhood, playing with ice instead of mud -so much cleaner too!", o cal, francamente, destroza a ambientación que estaba conseguindo no párrafo anterior. Deixádeme que copie un fragmento de "Hacia el Polo", de Fritjof Nansen, que non ten moito que ver pero é máis grandioso:
"La lucha de hielo contra hielo es, sin duda, un espectáculo extraordinario. Se siente uno en presencia de fuerzas titánicas.
Al comienzo de una gran presión parece que todo el globo ha de conmoverse con tales choques. Primero se oye como el retumbo de un terremoto muy lejano, luego el ruido se acerca y estalla a la vez en diversos puntos. Los ecos del gran desierto de nieve, hasta allí silencioso, repiten ese mugido con estampidos de trueno, los gigantes de la Naturaleza se preparan para el combate. El hielo cruje por todos lados, se rompe y se amontona formando torosses y, de repente, os encontráis en medio de esa lucha espantosa.
Todo rechina y muge, el hielo se estremece cuando pisáis; por todas partes terribles convulsiones. Envueltos en tinieblas, veis subir los témpanos como montañas, y acercarse a vosotros como olas amenazadoras. Fragmentos de cuatro o cinco metros saltan al aire en esas colisiones, y montan unos sobre otros o caen pulverizados... Ahora os envuelven por doquier masas de hielo móvil prontas a desplomarse sobre vosotros. Para libraros de su estrujón mortal os disponéis a huir; pero delante de vuestros pies cede el hielo, se abre una negra sima y el agua fluye a oleadas por la abertura. Si queréis escapar en la otra dirección, a través de la oscuridad distinguís una nueva cordillera de moles que avanzan hacia vosotros. Buscáis otro paso y encontráis cerrada toda salida."
En 1902, unha partida de exploradores da Discovery que inspeccionaba a cara Norte do Crozier baixo o mando do teniente Skelton descubriu unhos puntos negros movéndose torpemente nunha pequena plataforma de xeo recente ó pé dos acantilados da Barreira, aproximadamente 200 metros baixo o cabo. Observándoos con maior precisión os días seguintes, déronse conta de que aquel remanso nun campo de batalla entre xigantes fora o lugar escollido polos pingüinos Emperador para establecer a súa única colonia coñecida.


 
REFERENCIAS
"El peor viaje del mundo" de Apsley Cherry-Garrard
"Scott's Last Expedition" de Robert Falcon Scott(7)
"Hacia el Polo" de Fritjof Nansen


(1) Un dos financiadores da expedición foi, I'm delighted to say, Sir Francis Beaufort, moi apreciado neste blog por dar nome a unha escala de medición da forza do vento que non inclúe velocidades, pero sí observacións empíricas curiosamente específicas, coma "cáense as follas dos árboles e empezan a moverse os muíños" (viento flojito), ou "agítanse as follas e ondulan as bandeiras" (viento flojo).
(2) A capa superficial avanza sobre o xeo existente, afundindo a Barreira baixo o seu peso(3). Esto fai que parte da base entre en contacto con correntes profundas  de auga quente e se funda. E o mecanismo principal polo cal non se sigue acumulando xeo é este, por espectacular que sexa o desprendemento de icebergs.
(3) Así que, coma os colmillos dos mamuts, os esqueletos dos corales e en xeral moitas outras cousas, as capas de xeo sirven para medi-lo paso do tempo. Leín un paper no que falaban dun glaciar seco fai 400 anos que descubriran ó encontrar grietas de presión no xeo baixo capas máis recentes na Barreira de Ross.
(4) En 1841, James C. Ross encontrou(5), navegando a través de bloques de xeo, un mar libre que entraba 800 kilómetros no continente conocido ata entón, e lanzouse por el en dirección Sur, desexando batir o récord de latitude e tal vez plantar a bandeira inglesa no Polo, ata que se encontrou coa barreira de xeo (á cal, supoño que merecerá a pena que o aclare nalgunha parte, non foi el quen decidiu chamarlle "de Ross"). "Well", escribiu no seu diario, "there's no more chance of sailing through that than through the cliffs of Dover". 
(5) O descubrimento foi, por certo, un tanto casual: solo decidiu explorar aquela zona de costa porque a que tiña planeada orixinalmente estaba xa ocupada por unha expedición francesa, comandada por un señor moi parecido a Colin Firth que despois acabaría comprando para Francia a Venus de Milo; e outra americana, cuios achádegos foron a base inicial do que agora é o Smithsonian. Ambas expedicións cruzábanse entre sí e facíanse maniobras evasivas, e tal, así que Ross decidiu irse investigar onde non o molestasen.
(6) Máis ou menos(2), reitero.
(7) O libro dos diarios de Scott foi editado por Leonard Huxley, biólogo evolutivo apodado "o bulldog de Darwin". Merece a pena apuntar que Huxley foi pai, aparte do famoso Aldous, de Andrew Fielding Huxley, non tan famoso pero laureado co Nobel de Medicina en 1963, so there's that; e de Julian, inventor dos gorros de papel albal cos que se representa sempre ós conspiranoicos e primeiro secretario general da UNESCO. O primeiro responsable de ACNUR foi Fritjof Nansen, por certo, a quen non paro de mencionar neste texto coas excusas máis perentorias.

lunes, 10 de marzo de 2014

A peor viaxe do mundo

Tres homes, one of whom at any rate is feeling quite frightened, camiñan a escuras sobre o mar. Levan dezanove días de viaxe en plena noite e están chegando ó seu destino, nas faldas do monte Terror.
Bill Wilson, "Birdie" Bowers e Apsley Cherry-Garrard partiron da súa base no cabo Evans o 27 de xuño de 1911 con máis de 300 quilogramos de provisións en dous trineos. Rodean a illa de Ross camiñando a oscuras sobre o mar conxelado entre crevasses e seracs, grietas de presión no xeo que serían dificiles de ver incluso coa luz do día; antes de cada paso necesitan tentar co pé e guiarse polo sonido que lles devolve o chan para intuir si poden cargar todo o peso, así que camiñan en silencio.
Sufren temperaturas que se acercan ós -60º C. Os dentes pártenselles ó castañear, o sudor conxélase sobre a súa pel antes de chegar á roupa. Ó deitarse a durmir teñen alucinacións nas que soñan con dulces, e o aire que exhalan mentras tanto vai formando unha capa de escarcha sobre a súa cara que provoca que cada vez respiren con máis fatiga.
Pero ó día seguinte teñen que levanta-lo campamento e continuar avanzando. Tratan de arrastrar ambos trineos á vez, pero en ocasións a neve é tan blanda que teñen que deixar un atrás mentras avanzan co outro. Varias veces por día algún dos tres ten que parar e golpearse metódicamente as pernas ou un brazo para evitar que se lle conxelen, mentras os outros siguen camiñando sen esperalo.
Francamente, non son capaz de facerlle xustiza ó mal que o pasaron. Comparto esta frustración co propio Cherry, quen titulou o seu libro The Worst Journey in the World por este inferno grisáceo de dezanove días, e escribe nel:

"The horror of the nineteen days it took us to travel from Cape Evans to Cape Crozier would have to be re-experienced to be appreciated; and any one would be a fool who went again: it is not possible to describe it"
Dedícalle un largo capítulo que se lee buscando aire a bocanadas coma un peixe fora da auga, no que enumera un problema novo e inesperado(1) en cada párrafo; pero non se queda satisfeito. Por peligrosas que sexan as grietas de presión, a súa foi unha batalla soterrada, sin un momento heroico no que escaparan dunha habitación menguante agarrando o sombreiro xusto antes de que se pechase a porta. Viviron o horror seco e simple das reglas da natureza cumplíndose sobre eles. Frío, sono, fame, un barruzo de pequenos inconvenientes acumulándose un día tras outro, solamente porque non deberían estar alí.
A veces bromeo neste blog cos pequenos desenganos cotidianos que se me caen encima coma folios kamikazes. Téñoos agrupados baixo a etiqueta "Como camiñar nun prado inzado de rastrillos", que é unha referencia ós Simpson, e cando os escribo imaxínome esta escena de slapstick: o protagonista (eu, vaia) da un paso decidido nunha dirección e lévase un golpe na cara co mango dun enciño; desorientado, retrocede cun par de pasiños cortos e recibe outro no lombo, e son golpes que en realidade non doen; despois cáese hacia adiante sen poder evitar poñe-las mans para frena-lo golpe, mentras mira a cámara encollendo os hombros.
Agora pensade no pobre Cherry, un dos nosos, un rapaz pijo e torpón recén saído da universidade. Camiñando desorientado, pasando fame e frío. Notando por exemplo o dolor no codo por non durmir, e o cosquilleo no brazo coma si estivese tratando de escapar de si mesmo; o bloqueo da mandíbula por tela apretada; a pesadez de camiñar nun campo aberto, sin ter onde fixarse. Son sensacións que coñecemos, pero normalmente podemos sacudírnolas de encima e pasar a outra cousa, coma a miña lista de pequenas frustracións. Cherry o único que pode facer é dar un paso máis, atento ó sonido do xeo baixo o seu pé, e espera-lo seguinte golpe.


 
REFERENCIAS
"El peor viaje del mundo" de Apsley Cherry-Garrard

(1) A min nin se me ocurriría pensar, por exemplo, que cando levantan o campamento pola mañá teñen que decidir en qué postura queren arrastra-lo trineo durante todo o día: o abrigo váiselles quedar conxelado nada máis saír da tenda, e si colle unha posición incómoda (digamos que coa capucha demasiado baixa porque se encolleron ó sair) pasarán horas antes de que a poidan correxir.

miércoles, 4 de diciembre de 2013

Costumbres de seducción do pingüino de Adelia, segundo o sub-sub-bibliotecario Cherry

One day there had been a blizzard, and lying open to the view of all was a deserted nest, a pile of coveted stones. All the surrounding rookery made their way to and fro, each husband acquiring merit, for, after each journey, he gave his wife a stone. This was the plebeian way of doing things; but my friend who stood, ever so unconcerned, upon a rock knew a trick worth two of that: he and his wife who sat so cosily upon the other side.
The victim was a third penguin. He was without a mate, but this was an opportunity to get one. With all the speed his little legs could compass he ran to and fro, taking stones from the deserted nest, laying them beneath a rock, and hurrying back for more. On that same rock was my friend. When the victim came up with his stone he had his back turned. But as soon as the stone was laid and the other gone for more, he jumped down, seized it with his beak, ran round, gave it to his wife and was back on the rock (with his back turned) before you could say Killer Whale. Every now and then he looked over his shoulder, to see where the next stone might be.
Decíamos ontes que Cherry-Garrard era un dos nosos. "The Worst Journey In The World" está cheo de referencias ó honor e á covardía (propia, mind you), e dunha humildade tan grande que parece falsa.
E cando trata temas científicos o seu libro parece un examen dos que facíamos na ESO, intentando escribir todo o que sabíamos de cada pregunta aínda que desbordase o espacio para a resposta, pedíndolle ó profesor que nos deixase usar máis folios e quedarnos durante o recreo para acabalo a gusto: o nome científico dos animais, a época de cría do pingüino Emperador(1), a historia da exploración antártica, as costumbres de seducción do pingüino macho de Adelia(2), que lle da á hembra unha pedriña de cuarzo para que comece a construir con ela o nido común, as temperaturas máxima e mínima de cada día...
Ás veces permítese rebaixa-lo tono e bromear, coma na escena que vos copiei ó principio. Noutro capítulo conta cómo uns pingüinos tratan de razonar, righteously indignant, cunha xauría de cans famentos. En xeneral fala con moita simpatía dos pingüinos, ós que identifica con ingleses coma el, patosos e ever so British pero resistentes. "Take it all in all" -dice, por exemplo- "I do not believe anybody on Earth has a worse time than an Emperor Penguin".
Agradécense os toques de humor, sobre todo porque Cherry escribiu o libro como terapia para a depresión, e avanza por el con dificultades, arrastrando o sentimento de culpa sobre neve suave, os esquís afundíndose si se para a pensar.
Aínda que curou da depresión clínica, os remorsos duráronlle toda a vida e foi deixándose envellecer, patoso, estirado, victoriano, cada vez máis tímido e máis recluido na casa familiar, enfermo, covarde, simplemente esperando a que o tempo pasase. Hasta que ós 50 anos se permitiu rebaixa-lo tono, e embarcouse nun cruceiro por Noruega.
Estando nel, para a súa sorpresa, enamorouse dunha rapaza. Nunha das escalas en terra poideron zafarse do resto dos turistas e ir pasear a solas. Sentáronse un a carón doutro nun parque e, sin que ela entendese aínda por qué, Cherry estendeu o brazo e púxolle na palma da man unha pedriña de cuarzo.




REFERENCIAS:
"El peor viaje del Mundo", de Apsley Cherry-Garrard
"The Worst Journey in the World", de Mark Gatiss

(1)  Aptenodytes Forsteri, da familia Spheniscidae, orden Sphenisciforme. Descuberto por George R. Gray, cuio irmán foi o primeiro coleccionista de sellos do mundo.
(2) Pygoscelis Adeliae, da mesma familia, orden e clase(3) que os anteriores. Deben o seu nome a Adelia, esposa de Jules Dumont D'Urville; un señor que, por outra parte, se parece moito a Colin Firth, como xa señalei nunha entrada futura.
(2) A clase é a das aves, claro.

viernes, 29 de noviembre de 2013

As dúas personas que se compraron pasaxes na expedición de Scott.

Pacman, o de Radiochips, fundou o seu blog en octubre do 2009. Acaba de cumplir catro anos escribindo a diario sobre radio e aínda non se atreveu a publicar unha entrada dedicada ó seu programa favorito. 
Creo que en principio a idea de facerlle xustiza a un programa que o acompañara semana a semana durante anos lle resultaba moi grande; despois simplemente encontrou a maneira de seguir adiante, e nunca falou del. Supoño que xa non o fará.
Eu tamén teño un tema fetiche, que me sobrepasa e que, ademáis, xa foi contado e reinterpretado por outros millores ca min, con máis coñecementos, máis talento, máis pasión. Si queredes coñece-la historia do Terra Nova podedes ler a Javier Cacho, a Ranulph Fiennes, a Wheeler, Huntford, Cherry-Garrard ou ó propio Scott.
Si queredes ler sobre o programa de cine da SER algún sitio haberá onde facelo, tamén. Pero Pacman non escribiu ningunha entrada titulada "El Cine en la SER", ou "El Cine de Lo Que Yo Te Diga". Sí que escribiu, en cambio, unha sobre María Guerra, outra sobre Notas de Cine, dúas entrevistas a Antonio Martínez...
E así sigue adiante, catro anos despois, a un ritmo envidiable, bordeando o seu gran reto de vez en cando con pequenos textos, como recortando a poucos por unha liña de puntos, ata que acabe perfilando a súa forma completa e ós lectores sólo nos quede enche-lo furado vacío no medio do papel.
Leín nalgunha parte, e é unha frase que me gusta moito, que a única maneira honesta de nadar é mar adentro. Sona ben, ainda que non estou seguro de que seña verdade; pero por hoxe, para empezar, deixádeme falarvos de "Titus" Oates e Cherry-Garrard.
Dos dous, o meu favorito é Apsley Cherry-Garrard, porque era torpón e miope, e tan covarde e falto de vontade como calquera de nós. Era o único fillo varón entre cinco irmás de Apsley Cherry, very model of a modern Major-General e heroe de dúas guerras, que acababa de morrer deixándolle unha herencia coa que podería dedicar o resto dos seus días a discutir co seu maiordomo sobre a conveniencia de usar salacot nas batidas de caza de zorro.
Entre outras cousas, ademáis da mansión familiar de Denford Park en Berkshire, que xa de por sí era tan grande que cabía nela unha boarding school, heredaran outra mansión, Lamer Park en Hertfordshire, a cambio de incorporar ó apelido orixinal da familia o Garrard dunha tía avoa solteirona, para que non se perdese. Esa era a clase de preocupacións que aflixían á súa familia, pero Cherry non tiña intención de vivir nos caseróns familiares protexido entre faldas e co fantasma condecorado de seu pai mirando sobre o seu hombro.
Unha noite de verán en 1907 coñeceu a un amigo da súa familia, chamado Edward Wilson. Este era xa explorador polar recoñecido, veterano da primeira expedición de Scott á Antártida, e estaba organizando unha segunda na que el sería o xefe científico.
Cherry oiuno falar da gran aventura do continente de xeo, de esforzo, de camaradería e disciplina;  ofreceuse voluntario sin dudalo, aquela mesma noite. Pero Wilson buscaba científicos e militares, homes formidables ós que poder fia-la súa vida, e Cherry era un pipiolo de 21 anos extremadamente miope e recién salido de Oxford cun título de Historia Clásica completamente inservible no xeo. Deixando a un lado o sempre incómodo tema do diñeiro, era to all intents and purposes un dos nosos, non valía. Wilson explicoullo o máis cortesmente que puido, deslizou unha promesa vaga de que trataría de convencer a Scott, e seguiu cos seus asuntos.
Entonces Cherry-Garrard, playing to his strenghts, decidiu facerlles unha donación de mil libras da época. A partir de aquí a escena pode leerse segundo o cinismo de cada un coma un divertido baile de amagos, sobre todo porque os protagonistas eran mesurados aristócratas británicos. Scott necesitaba diñeiro e non podía renunciar a unha cantidade tan importante, pero non quería levar no seu barco a alguén incapaz de recoñecer a unha persoa a dez metros; así que fixo o equivalente cortés e educado de decirlle a Wilson "¡Agárrame! ¡Agárrame porque lle devolvo os cartos!". Cherry-Garrard, pola súa parte, puxo o cheque sobre a barra do bar cun comedido manotazo, decindo: "¡De eso nada, aquí invito eu, que os cartos están para gastalos!"; e Scott prometeu reconsidera-la súa candidatura, repentinamente impresionado polo amor á ciencia do xoven Cherry-Garrard.
Esta é solo unha maneira de ver o que pasou, claro, pero o caso é que Cherry acabou embarcado no Terra Nova cun posto de axudante de zoólogo que o colocaba baixo a ala protectora de Wilson. E visto así hasta agora o resumo pode ser que un rapaz rico se comprou unhas vacacións de aventura, pero a partir de aquí Cherry portouse como debía: nunca olvidou que no fondo non merecía ser parte da expedición, e esforzouse durante toda a viaxe por ser afable e entusiasta, sacarlles de encima traballos pesados ou engorrosos ós seus compañeiros, sempre cun sorriso e unha palabra de ánimo. E non recurriu á autoxustificación, pese a que non era o único que pagara unha donación de mil libras para ir á Antártida con Wilson e Scott.
O outro, "Titus" Oates, sí que era un home formidable. Alto, forte, Capitán do Sexto de Dragóns de Inniskilling para máis señas, e en xeral un tipo con cuajo: veterano da Guerra dos Boers, durante unha batalla foi chamado dúas veces a rendirse, dándose o gustazo de contestar "We came to fight, not to surrender". Despois foi nominado á Gran Cruz de Victoria, posiblemente solo por esa frase.
Incluso tiña unhas borracheras bastante simpáticas nas que lle daba por citar a Homero. Cópiovos a narración que fai Cherry en "The Worst Journey in the World" da festa que fixeron no comezo dun inverno polar:
"Titus got three things which pleased him immensely, a sponge, a whistle, and a pop-gun which went off when he pressed in the butt. For the rest of the evening he went round asking whether you were sweating. "No." "Yes, you are," he said, and wiped your face with the sponge. "If you want to please me very much you will fall down when I shoot you," he said to me, and then he went round shooting everybody. At intervals he blew the whistle.
He danced the Lancers with Anton (..). We had a milk punch, when Scott proposed the Eastern Party, and Clissold, the cook, proposed Good Old True Milk. Titus blew away the ball of his gun. "I blew it into the cerulean -how doth Homer have it?- cerulean azure, hence Erebus." As we turned in he said, "Cherry, are you responsible for your actions?" and when I said Yes, he blew loudly on his whistle, and the last thing I remembered was that he woke up Meares to ask him whether he was fancy free.
It was a magnificent bust."
Ademáis, como capitán da cabalería lixeira, era un home moi indicado para ocuparse dos ponis. Scott nunca se levou ben con el, pero sempre o recoñeceu coma un dos mellores da expedición e escollleuno para a partida final ó Polo.
Según o diario de Scott, durante a viaxe de regreso Oates resentiuse dunha vella lesión de guerra que nunca mencionara por temor a que lle prohibisen participar na expedición; a súa situación empeorou rapidamente e despois dunhos días, ó ver que estaba ralentizando a todo o grupo, saliu da tenda en plena ventisca camiño dunha morte segura despois de decirlles ós seus compañeiros, demostrando un talento envidiable para a cita histórica: "I am just going outside, and it may be some time".
Qué frase, por dios, qué flema británica, qué magnífico especimen.
Entonces, ¿por qué alguén tan válido e desenvolto, a very gallant gentleman que perfectamente podería ter participado polos seus propios méritos, decidiu pagar  para asegurarse un sitio na expedición?
E agora mesmo debería estarvos contestando a esa pregunta, pero antes deso quixen comprobar un último dato, e a historia acábaseme de descuadrar completamente. Son as tres da mañá, levo horas escribíndoa, e solo me quedaba unha frase; íbavos pegar un mazazo e deixar ahí a historia.
A frase era: "Pagou mil libras do seu peto, unha fortuna, para escapar de Inglaterra e poñer toda a Terra de distancia entre el e unha pícara de 12 anos á que acababa de deixar embarazada".
Volvede atrás, unide os puntos. "¿Eres responsable dos teus actos?"- preguntaba Oates na festa, coma un Ahab- "¿Estás libre de preocupacións?"
Case me sale, pero resulta que é mentira. Oates nunca chegou a saber que tivera unha filla, si é que era súa definitivamente. Esa frase é solo un retazo desfiado, un trozo cortado a cegas entre punto e punto que desfigura o perfil. Peligros de nadar onde fas pé e mirar o infinito do mar desde a plaia.




REFERENCIAS:
"El peor viaje del Mundo", de Apsley Cherry-Garrard
"Captain Oates" de Michael Smith
"Antarctic hero Oates 'fathered child with girl of 12'", The Guardian