Un rapaz solitario, concentrado nos seus pensamentos, está sentado enfrente dunha porta aberta pola que entra a única luz que hai na habitación, unha lavandería que se extende inmensa hacia o fondo, chea de lavadoras. E de súpeto, empeza a sonar un piano.
Con torpeza ó principio, as notas de quén sabe qué peza musical van subindo en intensidade e colándoselle na cabeza ó protagonista.
Con violencia, o rapaz levántase, e despois váise achegando ó fondo da sala, pasando entre lavadoras e secadoras coas tripas por fóra, avanzando entre cables e pilotos con dificultade, como quen gatexa para entrar nunha cova. Cada vez máis a escuras, soamente hai unha luz que que entra a través dunha rexa de ventilacióna ras de chan, pola que se cola tamén a música.
Agáchome con el, axeónllome sobre o piso para mirar ó outro lado da pequena gateira. Sinto a súa emoción, a súa curiosidade, a música cada vez máis intensa...
Cando miramos, no preciso segundo no que a vemos por primeira vez, a rapaza para de tocar e pasa unha folla do seu libreto musical. Despois, estira os dedos, e comeza de novo. Desfaise o embruxo para min, que me levanto e miro hacia atrás. A lavandería paréceme pequena, as máquinas vense ordenadas e tranquilas, e non dan medo, a luz que entra por pequenas ventanas no alto das paredes fai que a estancia se vexa clara e diáfana.
A dicir verdade, o único que hai fóra do normal é un rapaz axeonllado, mirando por unha pequena gateira no chan, completamente hipnotizado. Quén sabe qué pasará pola súa cabeza.
Boas! Son unha rapaza que marcha este ano pra residencia Rialta da Coruña. Atopei este blog por casualidade :P O relato mola, esta ben.Pero, indo un pouco máis alá, que é onde me interesa... ten isto de real? xD Quero dicir... é que eu o que buscaba era se había un piano na resi... =)
ResponderEliminarBueno, un saúdo!