lunes, 29 de julio de 2013

Simplemente quería escribir esto

Jacinto Antón escribió hace meses un reportaje sobre Bruce Chatwin; en él recogía la siguiente descipción, hecha por Colin Thubron.
"[Era] muy obsesivo, tremendamente hablador cuando tenía una idea en la cabeza. Violentamente imaginativo más que juiciosamente erudito [...]. Te sentías arrastrado por la pura fiebre de su entusiasmo"
"Ocasionalmente recibía una carta suya out of the blue", continuaba Thubron. "Simplemente quería celebrar algo que le había fascinado, como si no pudiera dejar de escribir sobre ello, y no precisaba de ninguna respuesta".

jueves, 4 de julio de 2013

Cómo me deshice de quinientos libros (I)

Esta é a historia de cómo me desfixen de un solo libro, o título non é máis que unha homenaxe a un conto de Monterroso. Posto a poñer links, deixádeme tamén mencionar de pasada, por enésima vez, a Jacinto Antón.
En fin, circulemos, que con Antón estou moi pesado e hoxe vamos con présas. Digamos que cando se despertaron, os libros todavía seguían alí. E digamos despois que esto significa que ningún dos dous conseguiu desfacerse dos seu libros, por múltiples e moi ben escritas razóns.
Pero os tempos cambian: polo de pronto, ahora un conto titulado "Como me desfixen de quinientos libros" podería decir, simplemente "Dinlle a delete" (e sería un microconto). Pero ademáis, si o que queremos é físicamente desfacernos dun libro, porque nos falta espacio ou porque lle temos manía, temos por exemplo a opción de recurrir ó bookcrossing.
"El BookCrossing o BC (pronunciado becé)", aclara a Wikipedia con extraña atención ó detalle, "es la práctica de dejar libros en lugares públicos para que los recojan otros lectores, que después harán lo mismo. La idea es liberar libros 'en la jungla' para que sean encontrados por otras personas.
Si alguien decide liberar un libro vía BookCrossing, tendrá que registrarlo para conseguir un BCID (número de identificación de BookCrossing) que será lo que identifique ese ejemplar concreto en la base de datos del sistema. Ese número de registro lo lleva el libro escrito en una etiqueta en la que se pide a la persona que lo encuentre que entre en la web de BookCrossing y escriba un pequeño apunte para notificar el hallazgo, y finalmente que suelte de nuevo el libro una vez lo haya terminado."
En fin, sona ben, ¿non?
Bueno, pois pasemos da introdución xeral ó meu caso: queríame desfacer dun libro. De un en concreto... estaredes preguntándovos qué tería de malo ese libro para que decidise que non o quería na miña casa. Como hoxe temos cousas millores que facer e estos señores quererán irse durmir (por certo, creo que era o pai de Jabois ou o de Tallón quen lle dicía á sua muller, cando as visitas tardaban demasiado na casa, "bueno, vamos deitarnos que estas personas quererán irse"), pégovos directamente a primeira entrada que escribín no diario de viaxe o libro:
"La historia del libro, de momento, es ésta: mi madre lo compró en un hipermercado para regalárselo a la hija de una amiga, porque era gótica y adolescente, y supuso que le gustaría Crepúsculo y bueno, oye, más o menos todos son iguales, ¿no?
Pero resulta que la chica era una lectora bastante madura, que ya había pasado la fase de literatura vergonzosa y había llegado a Frankenstein y Drácula; cuando mi madre se enteró, decidió no regalarle el libro y esconderlo en algún cajón de casa, que por desgracia acabó siendo el de la mesilla de la habitación de invitados, lo cual también es casualidad, anda que no tendríamos sitio en el trastero.
En estos años, no he podido evitar pensar que los invitados me miraba raro después de pasar la noche en la habitación. Hasta ahora. Mañana me deshago de él. Su lugar en la habitación de los invitados lo voy a ocupar con el Ulises, o con el Tristram Shandy, o algo así."
En fin, o ominoso libro que caeu como un manto de vergoña sobre a miña casa é éste e, como curiosidade, a foto das escritoras que aparece na solapa do libro é ésta. Nótese que esta última a foto está sacada dunha páxina chamada edwardybella.com. The lengths I go to for your mild amusement.
Menciona arriba a Wikipedia que o normal é imprimir unha etiqueta co BCID e pegala dentro; pero tamén existe a opción de escribir un pequeno texto. Na web propuñan un como exemplo pero, xa posto a escribir, coas autoras mirandome desde a solapa do libro e á vez desde Tulsa, Oklahoma, deixeime levar e acaboume saíndo esto:
"He registrado este libro escrito por una señora de Tulsa, OK y su hija adoptiva, a través del cual consiguieron establecer una conexión sentimental después de los turbulentos años de adolescencia de la chica y también comprender el verdadero significado de Acción de Gracias, en www.bookcrossing-spain.com para así poder seguir su viaje (que, francamente, imagino corto e intrascendente) a través del mundo.
Pero oye, nunca se sabe. Podría acabar de vuelta en Tulsa. Podría cambiarte la vida; aunque lo dudo, los ingleses dicen 'don't judge a book by its cover' pero venga ya, mírasela, pone 'Crepúsculo' dos veces.
Si visitas www.bookcrossing-spain.com e introduces el código BCID del libro, el 695-12024009, sabré que lo encontraste. Después, léelo y pásalo de nuevo, para que siga su viaje hacia Tulsa (de donde creo, by its cover, que nunca debió haber salido). O, si te ha cambiado la vida, quédatelo y guárdalo bien, y borra si quieres este prólogo cínico y lleno de prejuicios.
Pero hagas lo que hagas, déjalo escrito en la web, y así podremos ir viendo entre todos qué pasa.
¡Muchas gracias!"
Pois eso, iremos vendo qué pasa.

jueves, 23 de mayo de 2013

Unha simple, logo.

Cando miña mai era pequena, solo había dúas televisións na aldea. A primeira taba no bar, pero ése non era sitio para pícaros así que miña mai non puido vela ata que a comprou Lula.
Á súa tía María gustáballe moito, sobre todo polas películas de vaqueros, pero en canto Lula notaba que se iba sentar a vela botábaa da casa, mandándolle subir sachar á horta ou poñerse a traballar no que fose.
De vez en cando, ó salir da casa, María vía a miña mai, que a esperaba sin esperar, a outra cousa, coma un gato ó sol. E ó vela María alegrábase e sorría nerviosa e brillábanlle os ollos, e asentía coa cabeza tratando de disimular, e entonces miña mai corría casa por casa invitando a tódolos pícaros a ir ve-la televisión.
Dez minutos despois subía unha ruidosa marea de críos que lle entraban na casa a Lula desbordando polas ventás e inundándoo todo, e detrás chegaba María poñendo cara de inocencia. Despois de regañarlles un pouquiño, sentábaos a todos, mandáballes estar calados, e pechaba as ventás e as contras para estar coma nun cine.
María sabía, creo, que non engañaba a naide, e despois habíalle caer unha boa da súa sobriña. Pero de momento, vía a película de vaqueros rodeada dos pícaros da aldea, ás oscuras e coas ventás pechadas, aínda que lle acababa mandando a alguén abrir unha para que entrase o aire, cando o olor a pólvora a molestaba demasiado.
He encontrado esto en el ordenador. Es viejo, debí de escribirlo en 2009 y no recordaba haberlo hecho. A veces me caigo bien a mí mismo:
No tengo nada en contra de los coches. Un amigo mío tiene uno y no corre, ni nada. Y entiendo que tienen derecho a circular con dignidad, por vías asfaltadas que tengan carriles de tres metros y pico de ancho, y arcenes de más de un metro a los lados, e incluso espacio para adelantar si es eso lo que quieren.
Yo lo único que digo, y eso es algo que no me va a negar nunca nadie, es que la palabra “carretera” viene de “carreta”, y un coche no es una carreta. Será un matiz, pero para mí es culturalmente importante. No me opongo a que construyamos carreteras para ellos, por supuesto, no voy a ser yo quien les coarte sus derechos. Hagámosles carreteras que circulen paralelas a las nuestras, que vayan y vuelvan a los mismos sitios, pero distintas, y que les llamen de otra manera. “Camino pavimentado”, por ejemplo. O “senda asfaltada”, eso ya que lo decidan ellos, con libertad.

miércoles, 24 de abril de 2013

As costuras do guión

Un vai aguantando millor ou peor todo o que a vida lle pon por diante ata que de repente lle ve as costuras ó guión.
Coma Fran o outro día, na porta da confitería. Tomáramos un café a media tarde e despois volvéramos camiñando á casa, falando, tranquilamente; pero dímonos conta de que nos olvidáramos un paraugas. Corrimos de volta e, to our credit, conseguimos chegar menos de dez minutos despois de que pechase, aproximadamente.
E a min non me molestou, non demasiado, unha anécdota máis que contar aquí ó fin e ó cabo, pero Fran realmente tomouno coma unha derrota personal, porque el xa o sabía, el xa se dera conta antes de botarse a correr, antes de levantarse aquel día incluso, de que a cafetería non podía non estar pechada.
Vouvos contar unha historia, pero antes teño que pegar un rodeo bastante grande, que vai empezar, ademáis, cunha frase moi suculenta; pero vouna deixar abandonada na cuneta moi pronto, non vos faigades ilusións.
Meu pai viaxa a menudo ó estranxeiro e recibe frecuentemente cartas do xulgado. Cartas certificadas enviadas a través de Correos, o que significa, como todos saberedes, que si o carteiro non me pilla na casa no momento que entrega a carta déixame un xustificante deses amarelos para que meu pai vaia a recollela á oficina da calle Mallorca.
Ben, o do xulgado xa queda dito. Naide mencionou Suíza nin "caso Campeón", todo controlado, non se mancou naide. Ahora é cando deixo colgado no aire este comezo prometedor e vos pregunto, por desvia-la atención pero tamén porque é o nome da sección, si a estas alturas sabedes cál é o nivel de frustración equivalente a andar por un prado cheo de rastrillos.
Evidentemente, era cuestión de tempo que o carteiro viñese traerme un paquete e me pillase durmindo, e acabou por pasar; así que pola tarde fun a Correos co resguardo e cunha fotocopia compulsada do DNI de meu pai. Non moi confiado, soamente como tentativa. Aquel primeiro día fixéronme volver á casa coas mans vacías porque o resguardo non iba firmado.
Volvín ó día seguinte indignado coma un pingüino de Adelia, non exactamente pola mañá pero con fuerte viento de Levante, armado coa fotocopia do DNI (compulsada, menciono de novo) e o resguardo, asinado esta vez; cunha firma lixeiramente distinta cá do DNI de meu pai, admítoo, pero suficientemente parecida como para que colase durante anos en boletíns de faltas do instituto, por poñer un exemplo. Despois de examinala detidamente, negáronse a entregarme o paquete, outra vez, porque decidiron que a firma non se parecía dabondo á do DNI e podía estar falsificada.
Así que por segundo día consecutivo volvín á casa coas mans nos petos, sentíndome atascado no medio do campo dos enciños e sin saber moi ben onde pisar; por non seguir coa mala racha, deixei pasar un día sin facer nada.
Cando volvín á oficina, fresco e con ánimos renovados, intentei unha aproximación distinta. Entrei cun sorriso de boa persona, expliqueilles que meu pai estaba no estranxeiro e non tiña moita maneira de que me volvese firmar o resguardo, e dixéronme que non había problema, que o único que tiña que facer meu pai era mandar un documento no que me dese permiso expreso para recolle-lo paquete, asinado cunha firma igual ca do DNI, e cando xa parecía que podía salir tranquilamente da situación sin preocuparme demasiado en onde pisaba, a de Correos engadiu: "...vía fax."
E hasta aquí o nivel de frustración equivalente a camiñar por un prado cheo de enciños. Encontras un problema que pensas que poderás solucionar facilmente, das un paso decidido nunha dirección e lévaste un golpe na cara co mango do rastrillo. Despois, descolocado polo golpe, das un par de pasiños cortos hacia atrás e recibes outra no lombo. E máis ou menos con esto, eu xa tería dabondo: salería a gatas da situación como boamente poidese, escribiría rapidamente un texto e despois edítaaríao moi, moi lentamente, e publicaríao aquí, for your mild amusement.
Non vos contaría que para non tocarlle as narices a meu pai, que estaba ocupado nese país que desde logo que non é Suiza, escaneei a fotocopia compulsada do DNI, recortei a firma con Photoshop, escribín o texto nun documento de Word e peguei o jpeg da firma ó final do documento, e despois mandeino vía fax, porque tiña que ser vía fax, desde un locutorio que hai nos anos 80, xusto a medio camiño entre a miña casa e a calle Mallorca; non volo contaría, claro, porque esa parte xa non sería narrativamente interesante, e porque probablemente sexa ilegal e ademáis non o fixen así. En fin, como empecei dicindo, un vai aguantando millor ou peor o que a vida lle pon por diante e facendo o posible por recolle-las cartas de seu pai.
Pero o caso é que a miña moza, Adri, comproume un libro como regalo de cumpleanos. Encargouno na FNAC de Barcelona antes de virse de vacacións de Nadal, e mandoumo directamente ó piso a Lugo por non traelo na maleta.
O regalo non deu chegado en tódalas vacacións, o cual xa foi un pouco frustrante de por si, pero un día a mediados de Xaneiro, cando ela xa estaba de volta aló, o carteiro pasou pola miña casa. Timbrou ó porteiro e eu contestei. Supoño que esperábades que non estivese ou que me pillase durmindo e o tipo me tivese que deixar un resguardo; pero non, contestei, eu cumplín coa miña parte. O carteiro, sin embargo, fixo algo que non lle tocaba: preguntoume si vivía alí Adriana T.
Non me esperaba aquelo e non o acababa de entender, así que lle abrín o portal sin contestarlle. Cando chegou ó meu piso non traía ningún paquete. Explicoume que a partir de determinado peso non repartían a domicilio, que tería que ir recollelo á oficina de correos.
E nese momento, dinme conta. Como cando adivinas o asesino dez minutos antes do final do capítulo na serie de policías, vin perfectamente claro o que pasaría, encontrei o guión porque a trampa era moi obvia, a regla aquela do peso parecía unha improvisación a última hora do guionista mentras o carteiro subía no ascensor para que o paquete desaparecese da escena.
Despois deso, o guión estaba claro: o carteiro daríame un resguardo no que figuraría, por erro, o nome de Adri como receptora en vez de como remitente. E eu intentaría ir recollelo solo co resguardo e non me deixarían. E firmaría, por si acaso colaba, pero sospeitarían da firma e tería que chamar a Adri para que me mandase unha autorización por escrito. Vía fax. Adri non encontraría un fax porque vive no século XXI, e tería que escanear o seu DNI para mandarmo, pero nin siquiera tén impresora na súa casa porque francamente ¿quén imprime estes días?; así que, entre medias, tardaría unha semana máis en recibir o regalo.
Todo eso pasaría -soupeno naquel mesmo momento- porque xa estaba escrito e tiña que pasar así, igual que a confitería non podía non estar pechada.

viernes, 12 de abril de 2013

"Why climbing", de George H. L. Mallory

"La primera cuestión que me preguntarán y debo tratar de responder es esta, '¿Para qué sirve escalar el Everest?', y mi respuesta debe ser inmediata: 'No sirve para nada'.
No existe ni el más mínimo prospecto de ganacia. Bueno, puede que aprendamos algo sobre el comportamiento del cuerpo a grandes alturas, y posiblemente los médicos puedan emplear nuestras observaciones en el campo de la aviación. Pero nada más saldrá de esto. No traeremos ni un trozo de oro o plata, ni carbón ni hierro. No encontraremos un metro de tierra en el que cultivar cereales para producir comida. No sirve para nada.
Así que, si no entiende que hay algo en el hombre que responde al desafío de la montaña y va a su encuentro, que su lucha es la lucha misma por la vida, hacia arriba y siempre hacia arriba, entonces no verá para qué vamos.
Lo que sacamos de esta aventura es simple felicidad. Y la felicidad es, después de todo, el fin de la vida. No vivimos para comer y ganar dinero. Comemos y ganamos dinero para ser capaces de disfrutar de la vida. Eso es lo que la vida significa y para lo que la vida sirve"

Alors...

- No sé si te lo he contado alguna vez, pero durante mucho tiempo creí que la Marsellesa empezaba "Alors, enfants de la Patrie", en lugar de "Allons...". Y me parecía que tenía sentido... Quiero decir, le intuía un significado... que no es el que tiene si lees lo demás, claro, pero sólo tarareas los dos primeros versos, así que nunca te enteras.
- ¿"Alors, enfants de la Patrie, le jour de gloire est arrivé"?
- Parecía una llamada a la reflexión nacional: "Pues bien, hijos de la Patria, el día de gloria ha llegado..."
- ¿"...id vosotros que yo estoy muy cansado"?
- No, no, más bien: "...estamos en nuestro momento de gloria, estamos tocando techo como nación y a partir de ahora -no os dejéis llevar por la euforia, por la música triunfalista y toda esa fanfarria- a partir de ahora todo va a ser una larga cuesta abajo"
- "... hasta que llegue Robespierre y os guillotine a todos."
- Pues sí.
- Mola. Igual se pueden hacer más versiones así... ¿qué tal "dehors, enfants de la Patrie", por ejemplo? "Restez dehors, enfants, escondeos que nos vamos a enfrentar a la tiranía, que está izado el pabellón ensangrentado y no queremos a niños jugando por aquí..."
- Pues es otro himno con el que estaría de acuerdo. Más que con el de verdad, de hecho. Es el himno de un país que se preocupa por tí en vez de darte ánimos estúpidamente para que te mates por él, es básicamente un primer paso hacia el estado de bienestar.