lunes, 10 de febrero de 2014

Si hai camellos atados á entrada é que se come ben

Cada vez que o deixan solo na súa mesa, Rustichello da Pisa  recupera un pergamino que ten medio escondido e escribe afanosamente o que recorda da noite anterior. Levaba 15 anos deixándose envellecer a poucos, traballando durante o día como escribano para os seus captores xenoveses e durmindo polas noites na cárcere, cando o transferiron á cela daquel mercader veneciano, un tipo encantador cun deses sorrisos dos que no fondo sabes que non deberías fiarte, de quen se fixo amigo case instantáneamente porque parecía imposible resistirse.
Desde entón, Marco Polo fálalle tódalas noites sobre as súas viaxes por Cipango, sobre a corte do Gran Khan e as incribles cidades do seu reino. Rustichello memoriza as súas historias e ó día seguinte transcríbeas a escondidas, roubándolle tempo ó seu traballo. Levaba anos sin sentirse tan vivo.
"Sugiu es una hermosa ciudad. Sus habitantes son idólatras y sujetos al Gran Khan. Tienen papel moneda, viven del comercio e industria. Tejen ricas sedas para sus vestimentas."
Rustichello copia ese párrafo, esconde o manuscrito e quédase distraído na súa mesa pensando nas sedas da cidade de Sugiu e nas 10.000 eguas blancas do Gran Khan e no seu palacio recuberto en ouro tallado. Mentras tanto, micer Polo acaba o seu relato e entón o profesor Rodríguez Pardo, presidente do tribunal, cédelle a palabra ó profesor López Rúa, quen despois dunha breve alabanza a modo de introducción lle pregunta ó veneciano pola definición ambiental da zona de actuación. Marco Polo traga saliva, apálpase os petos buscando unha resposta e comeza a falar, algo máis titubeante do que lle gustaría:
"Vughin es otra preciosa ciudad. Sus habitantes son idólatras y súbditos del Gran Khan. Usan papel moneda. Hay seda en cantidad.
Nese momento, o escribano Rustichello volve unhos párrafos atrás e ve que Marco lle dera a mesma definición unhas noites antes, palabra a palabra, para outra cidade distinta. "Qué raro", pensa, "¿copiaríao mal?".
Mira sorprendido ós membros do tribunal, pero ningún deles parece terse dado conta. O presidente non levanta a mirada dos seus folios; o profesor Fernández de Mesa, lixeiramente recostado hacia atrás e cunha perna cruzada sobre a outra como solo saben facer os ricos, podería tranquilamente estar durmindo; López Rúa móstrase satisfeito coa resposta obtida, e a continuación interésase pola batimetría empleada e os estudios xeotécnicos. Marco Polo vai asentindo co ritmo da pregunta, un sorriso abríndose paso na súa cara:
"Sabed que [Ciangan] es grande y rica. Sus habitantes son idólatras y vasallos del Gran Khan. Emplean también papel moneda. Viven del comercio y de las artes. Tejen cendales de toda forma y hechura, y en gran número.
No queda más que mencionar, y os hablaremos de otras ciudades..."
"Disculpe, micer Polo, pero ahora corresponde cederlle a palabra ó profesor Fernández de Mesa", dice Rodríguez Pardo dándolle un pequeno codazo preventivo ó seu compañeiro de tribunal. Este desperézase e fai un comentario sobre o presuposto de licitación que non acaba de callar en pregunta, así que Marco Polo simplemente prosigue o seu relato onde o deixara:
"Cuando partimos de Ciangan, desfilaron ante nosotros durante tres días, en un paisaje risueño y fecundo, castillos, ciudades y villas ricas y pobres, que viven del comercio y las artes. Los habitantes son idólatras y pertenecen al Gran Khan. Como los demás del reino, tienen papel moneda."
E todos sonreímos educadamente e démonos a man e incluso houbo aplausos, mentras Rustichello da Pisa masticaba o seu desengano, e así máis ou menos acabei a carreira. 




REFERENCIAS:
"Viajes. La división del Mundo", de Marco Polo
"Parque Eólico Marino en los Bajos de Baldaio", de Noé Ramalleira

sábado, 8 de febrero de 2014

Bit of a conundrum, here

Son casi as catro da mañá mentras escribo esto. Non é que teña insomnio hoxe, ollo. É máis, estou nese punto dulce no que debería apagar o ordenador e deitarme definitivamente; pero entonces deixaría de escuita-la música, claro.
O problema é que me deixei a radio encendida, antes de colle-los cascos e abrir Spotify. E na radio está Iker Jiménez falando de probas científicas da existencia da telequinesia. É un problema ridículo, fair enough, un guisante debaixo da cama. Pero si xa me molesta agora o pouco que oio nas pausas entre canción e canción, acolchado o sonido polos auriculares, ter que escuitalo a viva voz, por pouco tempo que fose, cabrearíame ata o punto de non deixarme durmir. Son un ecosistema moi delicado polas noites, granted.
A solución pasaría, por tanto, por levantarme da cama sin sacarme os cascos e sin desenchufalos, suxetando o portátil cunha man, con cuidado, e apagar a radio sin ter que oir a pseudociencia de Jiménez. É a única solución que se me ocurre e non son capaz de pensar en nada máis, porque ás catro da mañá un é coma un rinoceronte en estampida, incapaz de xirar.
Antes de deitarme, antes incluso de encende-la radio, freguei os cacharros da cena; por razóns que descoñezo, unha taza encontrou a maneira de escurrírseme das mans, saltar hacia arriba e caerse finalmente ó chan en gimnástico dibujo en el aire.
Cheguei á habitación cabreado conmigo mesmo pero distraínme un momento e cando me quixen dar conta tiña o móbil na man e estaba a mirar twitter. Pouseino, espantado, na mesiña de noite, en concreto encima das gafas; deslizouse sobre elas e acabou caendo pola parte de atrás da mesa. Cando estaba apartándoa para recolle-lo teléfono, a lámpara de repente veuse sin ningunha mesa debaixo, e despois de valora-la situación durante un instante resolveu caerse ó chan, pero eu agarreina no aire cunha axilidade completamente impropia de min e volvina poñer sobre a mesa, de onde a tirei co codo dous minutos despois.
Con estos antecedentes, comprenderedes que non me atreva a poñer algo tan valioso como o portátil nas miñas mans. Suxeita-lo ordenador cunha man mentras sigo conectado a el mediante os cascos, dar tres pasos na oscuridade sin tropezar con nada e acertar co botón de apagado da radio sin tirala ou, qué sei eu, meterlle o dedo no ollo ó gato resultame, a estas horas da noite, imposible de imaxinar.
Así que aquí estou, punto dulce do sono long gone, oíndo de fondo as probas científicas de que hai xente capaz de mover obxetos coa mente.

domingo, 26 de enero de 2014

Fragmento de "The Hitchhiker's Guide to the Galaxy", de Douglas Adams

"As Ford gazed at the spectacle of light before them, excitement burned inside him, but only the excitement of seeing a strange new planet. It was enough for him to see it as it was. It faintly irritated him that Zaphod had to impose some ludicrous fantasy onto the scene to make it work for him. All this Magrathean nonsense seemed juvenile.
Isn't it enough to see that a garden is beautiful without having to believe that there are fairies at the bottom of it too?"
Supoño que non é increíblemente sorprendente encontrar un guiño escéptico nun libro de Douglas Adams, pero gústame a forma de facelo. Excuso decir que all that Magrathean nonsense era, por outra parte, verdade.

jueves, 23 de enero de 2014

O conxurado involuntario

Quixen buscar en internet a Paula de Parma, a das dedicatorias de Vila-Matas, por saber si existía fóra das gardas dos seus libros. Acabei, con certa lóxica, lendo un texto publicado nun blog arxentino chamado "pauladeparma" o 1 de octubre de 2006, domingo. Nel aparece o seguinte fragmento:
"[D]iría que Vila-Matas no existe, y un colectivo de autores dispuestos a aniquilar la identidad vigilan cómo crece su personaje. Pensándolo bien, ese vampiro ojeroso que se pasea cada vez más por periódicos y revistas puede no ser más que una marioneta con la suficiente chaladura como para que no sepamos interpretar en su mirada si habla en serio o se está burlando de nosotros."
Algunhas certezas quédanseme mirando ós ollos e abofetéanme cun guante vacío, retadoras. Lendo un comentario sobre Jacinto Antón nun blog intúo que o escribiu Ander Izagirre e resulta ser certo; aburrido en clase de estructuras penso que o "A. Serafín de Dios" que vera anunciado nunha placa se chamaba Ángel, e tamén é verdade. Cousas coma esa non deberían pasar, opino; xa me costa bastante ter unha mente científica como para que os feitos se revolvan contra min. Trato de descontalos como casualidades e pasar páxina, pero agárranseme coma a un toro banderilleado.
Mentras lía o texto anterior clavóuseme a certeza de que eu escribira algo moi parecido sete anos antes, á vez que a autora do blog. Intentei escapar do desafío, pero levábao cosquilleando dentro. E estaba derrotado de antemán, pero aínda así estiven buceando algún tempo nas augas empantanadas do meu blog vello hasta que vin o texto, publicado o martes 26 de septiembre de 2006:
"Vila-Matas no debería existir, tendría que ser sólo el pseudónimo que utilizase un escritor oculto, o incluso un escritor ficticio inventado (...) por un tipógrafo o un relojero."
Alleo a que había unha conspiración internacional de dúas personas na súa contra, Vila-Matas acudiu o xoves daquela semana a unha entrevista de Ray Loriga en "Carta Blanca". Fala dese programa en "Exploradores del abismo", e aparece anunciado na páxina de TVE como un dos invitados.
E sin embargo non está. O programa pódese ver na web e a entrevista que fixo, entre o martes no que eu pedín que non existise e o domingo no que pauladeparma afirmou que xa non o facía, desapareceu do programa.
Foi sin querer, francamente.

martes, 21 de enero de 2014

Aprendamos sobre a formación da oleaxe de vento con Cabeça de Vaca

O vento empeza a soplar sobre un mar perfectamente en calma. Absolutamente en calma, como unha vaca esférica (igual é bon momento para aclarar que non teño demasiada idea, alas, de cómo se forma a oleaxe de vento). Cada ráfaga xenera unha subpresión xusto despois de pasar, que a nivel microscópico fai que as partículas superficiais da auga se eleven e despois teñan que rectificar, coma o pequeno volantazo que das cando te adianta un coche ó doble da túa velocidade na autovía porque estás ocupado tratando de recordar si vas no sentido correcto. Ata aquí estou bastante seguro. O volantazo das partículas superficiais xenera unha microvibración, e o monstruo empézase a desperezar.
 "Naquela mesma noite en que chegamos vieram algums índios até Castillo e lhe disseram que estabam muito doentes da cabeça, rogando que os curasse. Depois que os benzeu e encomendou-ou a Deus eles disseram que estavam completamente curados. Foram até suas casas e trouxeram muita tuna e um pedaço de veado, coisa que não sabíamos o que era. "
E estase producindo o mesmo fenómeno nas partículas inmediatamente próximas, pero cun desfase, porque o vento circulou sobre elas un diferencial de tempo despois. Igual subpresión, igual vibración, iguales amplitude e periodo e un lixeiro desfase: temos unha onda. Ou algo así, a estas alturas xa encontro many a pigeonhole na teoría: ¿móvense porque se repite o mesmo mecanismo, ou porque a auga é un medio contínuo e ó moverse unha partícula arrastra ás do lado?
"Como a notícia logo se espalhou entre eles, (...) vieram outros enfermos para que nós os curássemos. Cada um trazia un pedaço de veado e eram tantos que não sabíamos onde colocar tanta carne. (...) Todos festejaram e dançaram até o raiar do so. Foram três dias consecutivos de festejos com a nossa chegada."
Non sei si foi antes a avelaíña ou a crisis económica, pero a ola avanza sin espera-las nosas explicacións, e como o vento sigue soprando propágase cada vez máis amplia, movendo grandes cantidades de auga, arrastrando profundidades con ela.
"Passado mais um dia, partimos dali, acompanhados por toda aquela gente, chegando até onde moravam outros indios. Estes nos receberam muito bem, nos dando carne de veado (...). Como aconteceu nos demais lugares, bastava nós fazermos uma oração junto a eles que já se diziam curados."
Chega á costa co ruxido dun monstruo e, cando a profundidade do leito mariño cumple a relación apropiada coa altura de ola significante, rompe sobre a area en gimnástico dibujo en el aire ou estalla sobre as rocas con autoridade, sin dar explicacións, inapelable coma unha avalancha ou unha reacción nuclear en cadea.
"(C)ontinuamos sendo bem recebidos, porém aqueles que nos acompanhavam começaram a saquear as casas dos que nos recebiam e tomar todos os seus pertences (...). Os própios indios que perdiam suas terras e casas (...), vinham nos consolar, dizendo que estavam muito felizes só por ter-nos encontrado e que mais adiante seriam recompensados por outros (...). A partir daqui houve uma mudança no hábito de receber-nos (...). Quando chegávamos nos lugares, as pessoas que vinham nos receber já nos ofereciam tudo que possuíam, inclusive suas casas (...). Aqueles que entregavam as suas coisas quase sempre nos seguiam, com o objetivo de na próxima parada receber alguma compensação."
Así se comportan os indios según Cabeza de Vaca. Unha marea que sube e entra nas casas polas ventanas ou estalla violenta contra as paredes. Difíciles de entender ou explicar pero inevitables, coma un fenómeno físico ante o cal solo se pode encolle-los hombros e deixalo pasar.



REFERENCIAS:
"Naufragios y comentarios", de Álvar Núñez Cabeza de Vaca 

lunes, 20 de enero de 2014

Fragmento de "Viajes", de Marco Polo: Die Bremer Stadtmusikanten (?)

" [El Gran Khan] va a verlos una vez por semana, y va galopando por esta pradera, que corre a lo largo del muro, y muy a menudo trae consigo un leopardo en la grupa de su caballo.
Así se divierte en ver cómo los ciervos son devorados por sus halcones."

jueves, 16 de enero de 2014

Fragmento de "Viajes", de Marco Polo: you utter Vogon!

"En esta región se produce el almizcle mejor y más fino. Sabed que el almizcle se recoge así: hay un animalito del tamaño de una gacela que tiene el pelo muy áspero, las patas de gacela, sin cuernos, con cola de gacela, cuatro dientes, dos abajo y otros dos en la mandíbula superior, de tres dedos de largo y muy puntiagudos. Van siempre en parejas. Es un hermoso animal.
Cuando se le apresa, el animal tiene escondido en el medio del vientre, en una bolsita entre el cuero y la carne, el líquido; se corta el pellejo y se aparta, y este líquido es el almizcle"