miércoles, 9 de noviembre de 2011

Neva

Os copos de neve son demasiado pequenos para caer a peso, así que van dun lado a outro movidos polo capricho do vento. Levados aquí e aló por cortas ráfagas que os arrastran bruscamente, semella sen embargo que son eles quenes remolonean no aire para non chegaren ó chan e cando acaban caendo disólvense sen remedio, mollando o patio.
A poucos, sen embargo, vai desaparecendo o color verde deste, vai aclarándose, e ás once e vintecinco, cando ó sonar o timbre do recreo para de nevar e aparece lonxe no ceo moi brillante o sol, ilumínase un marabilloso tapiz fino e branco xusto antes da tormenta de nenos que xa saen das clases, ás miñas costas, e baixan correndo cara á saída do patio.
Un paso, dous pasos, tres pasos. A neve é esponxosa, seguro que cruxirá, e ten unha, dúas, tres marcas verdes con forma de bota. O neno sigue andando, e detrás veñen máis, cada vez máis, que corren deixando pisadas, unhas encima doutras, facendo desaparecer baixo os seus pés a neve.
Agárrana coas mans núas e alborozadamente tíranse bólas. A delicada capa que lograra callar está desaparecendo rabuñada do chan por pequenas mans de nenos, disolvéndose co sol e converténdose en auga sobre xeo, ensuciándose polas botas. Hai nenos correndo dun lado a outro, esvarando no xeo, empuxándose, berrando… agachados, algúns recollen montonciños de xeo marrón medio derretido que lles ensucia as mans, e que se lles escorre pola manga adentro.
Temo non ser capaz de explica-la situación: son hordas, son manchas movéndose en tódalas direccións seguindo algún tipo de orde oculto que non descifro dende aquí, coma as formigas en desbandada ó tirarlle unha pedra ó formigueiro, como estorninos no ceo, debuxando formas.
Algún tipo de animal, en todo caso… Dáme pena non poder explicalo, que non sexades capaces de ver como eu vexo o estoupido violento das bolas de neve sucia contra os seus abrigos, que non oiades como eu oio o rumor sordo que compoñen tódalas súas uñas rascando contra o chan, as puntas dos dedos roxas e insensibles.
Vexo a un deles resbalar e caer, coma unha presa fácil, unha gacela. E aínda que se levanta dun pulo e sen darse conta de nada, a súa nariz está a sangrar, un regueiro roxo que cae limpamente dende a súa cara ó infinito e sobre o chan. Cando se decata quédase parado no medio e medio do formigueiro, inclina a súa cabeza cara atrás e así espera a que pare a hemorraxia, respirando pola boca, moi forte e moi seguido, soltando bocanadas de vapor hacia arriba cada vez que o fai…
Cando sona o timbre de final do recreo, mentres todos se van do patio, o sol apágase tras deles como as luces dun espectáculo acabado, e a escena escurécese. A única neve que queda branca está nas sombrías esquinas do patio, cubrindo bolsas vellas de patacas ou paquetes baleiros de tabaco. A imaxe prodúceme a sensación do fin dalgún tipo de experiencia catártica.
Despois comeza a nevar de novo na clase de Bioloxía, maxia, pequenas folerpas de neve brancas caen de novo bailando valses para min ó outro lado da ventá, optimistas, tapando a mancha de sangue do patio como si nada tivera pasado.

viernes, 29 de julio de 2011

De librerías por Barcelona

Foto tomada na librería Altaïr de Barcelona. O libro que se ve en primeiro plano é The Home of the Blizzard, de sir Douglas Mawson, que narra a experiencia da Expedición Australiana que el comandaba; mentras que o do fondo é un libro colectivo editado por geoplaneta sobre a Expedición Transantártica do irlandés Ernest Shackleton (Shackleton, la Odisea de la Antártida); por tanto, trátase de libros sobre diferentes exploradores que comandaron expedicións distintas, dende países moi lonxanos entre sí. E sen embargo a fotografía de portada é a mesma. Curioso, ¿non?
Non sei o suficiente do asunto para explicar definitivamente por qué se da este erro (ou, dito doutra maneira, saber quén aparece na fotografía e por tanto quén se confundiu ó edita-lo libro); supoño, sen embargo, que sei de onde vén o erro:
O autor da foto é o máis claro nexo común entre ambas expedicións, xa que participou en ambas (tal vez non fose o único): Frank Hurley, un fotógrafo australiano que tomou parte primeiro na expedición do seu compatriota Mawson e anos despois foi contratado por Shackleton para embarcarse con el no Endurance.
A escritora Caroline Alexander, unha autoridade mundial en canto a Shackleton, retrata a Hurley no libro Atrapados en el Hielo (que por certo é o terceiro libro que aparece -ou se intúe- na fotografía) como un home moi práctico e capaz, e un fotógrafo moi hábil e tan comprometido co seu traballo que era quen de escalar montañas ou subirse ós mástiles do barco cargado co seu pesado equipo para conseguir boas panorámicas.
Sen embargo, tamén era bastante tramposo: para  engadir maior atractivo ás fotos que presentaba nas súas conferencias, non tiña reparo en edita-los negativos, por exemplo para substituir o ceo antártico, limpio e gris, por outro máis interesante estéticamente. Pero ademáis diso, cando na súa xira notaba que a xente estaba interesada en ver algunha fotografía que el non tiña, buscaba entre o seu archivo aquela que millor poidese enganar ó público, alterándoa si era necesario, e simplemente presentábaa na seguinte conferencia sen ningún rubor.
Existe, por exemplo, unha fotografía moi coñecida que en ocasións se identifica como a despedida dos náufragos en Illa Elefante ós seus compañeiros de expedición que embarcaban no bote auxiliar James Caird para volver á civilización e pedir axuda; e noutras, co momento final do rescate da expedición. En realidade, según Alexander, trátase dunha máis dentro dunha serie de imaxes que Hurley tomou durante os preparativos da singladura do Caird, pero probablemente os homes embarcados no bote da imaxe (por certo, creo recordar que non era o Caird, senón o Stamcombe Wills) soamente iban a comprobar as correntes á saída da bahía ou algo así, e volverían ó campamento como moito ó día seguinte.
Así que todo o bon que tiña Hurley como fotógrafo perdíao en canto a arquivista, ou memorialista: contaba a historia da maneira que máis fose a gustar ó público, e con unhos ceos espectaculares de fondo, e probablemente agora mesmo esté deixándome levar pola mesma falta de precisión que lle achaco a Hurley, pero estoume imaxinando o seu archivo como un lío descomunal de fotografías recortadas ou editadas, negativos descolocados e con un título que non se correspondía coa escena, un lío tal que o pobre traballador da editorial que quixo buscar unha foto para facer a portada nin siquiera foi quen de saber de qué expedición era a imaxe que finalmente escolleu.



REFERENCIAS:
"Atrapados en el hielo", de Caroline Alexander

martes, 10 de mayo de 2011

Cambridge Footlights

Curioseando o outro día na páxina da Wikipedia de David Mitchell (o de Mitchell & Webb), leín que na súa época universitaria fora presidente de Cambridge Footlights.
Footlights é o grupo amateur de teatro da Universidade de Cambridge, e para ser un grupo amateur e estar radicado nunha universidade tan prestixiosa coma Cambridge (á que a xente, digo eu, iría a estudiar sesudas carreiras para acabar en Downing Street), é enorme a cantidade de humoristas e actores que pasaron por el, creo que muito maior que en calquer outra compañía similar.
Polo de pronto, o que me chamou a atención cando leín sobre Mitchell é que unhos días antes leera exactamente o mesmo de Richard Ayoade (ademáis, resulta que teñen prácticamente a mesma idade, así que chegaron a coincidir nalgunha montaxe); e sabía que antes ca eles pasara por Footlights a principios dos 80 o grupo de Stephen Fry, Hugh Laurie e Emma Thompson; e antes incluso, unha parte dos Monty Phyton.
Estes eran soamente os exemplos que tiña na cabeza, sin facer a trampa da Wikipedia, e tal vez non impresionen a naide, pero chamáronme dabondo a atención como para poñerme a ler na web do grupo a lista completa de alumnii.
Impresionante, extensísima; a modo de exemplo, deixádemen facer un pequeno recorrido pola súa historia, contando soamente os que coñezo sin facer trampa: desde o terceiro presidente, que foi Gilbert o de Gilbert & Sullivan, pasando polos mencionados Chapman, Cleese e Idle, Fry, Laurie e Thompson, por Douglas Adams (o autoestopista galáctico) e Robert Webb (o outro de Mitchell & Webb, ten sentido), e tamén por xente que, aínda que conozo, non me gusta particularmente, coma Sacha Baron Cohen ou David Baddiel (a quen, sin embargo, lle agradecerei mentras me acorde que compuxera esto), hasta chegar ós últimos (que eu seipa) en alcanzar a fama (son dous dos Inbetweeners): Joe Thomas e Simon Bird.
Por certo, curioseando na Wikipedia encontrei que Oxford ten o seu equivalente a Footlights: Oxford Revue. A lista de antiguos alumnos é moito máis corta, pero tamén moi sorprendente: Michael Palin e Terry Jones, Ken Loach, Richard Curtis, Armando Ianucci (moitos directores, polo que parece), e tamén Rowan Atkinson e... Katherine Parkinson (Jen!).

domingo, 8 de mayo de 2011

Millor ca un sudoku samurai

Veña, cortita y al pie, un pequeno xogo de domingo pola tarde:
¿Reconoces a alguén neste video?
Supoño que non, pero que sí que te quedarías co nome do pseudo-experto "entrevistado": Chris Morris. O que pasa é que, a estas alturas, como muito, igual che parece que che sona de algo a súa cara, e pouco máis. Sin embargo, probamos con outra foto:

¿Millor ahora, happy now? (encántame que a foto diga "happy now?", é como si dixera "ahora sí, ¿non?")
Vale, non sigo con éste xogo, aquí tés a solución.

domingo, 24 de abril de 2011

Coma un truco de ilusionismo

- Pois tiña a habitación moi desordenada, entre outras cousas aínda tiña a maleta pequena aberta encima da alfombra desde que chegara da Coruña; e taba no medio e medio da habitación. E as outras dúas tamén andaban inzadas por ahí, creo que unha puxéchesma tu cando volviches de Brasil, e aparte había roupa na silla e encima da cama, e máis apuntes e tal.
Así que me deu por organizar algo e empecei polas maletas, que eran o que máis molestaba.
Collín a maleta pequena, vacieina e pecheina e abrin a mediana e metinlle a pequena dentro e despois pecheina tamén; e collín a maleta mediana coa pequena dentro e metina ou metinas na grande e despois pechei a grande e collina ou collinas e igual lle din unhas voltas á roda da contraseña e deixei a maleta nunha esquina, onde non molestase, e despois púxenme a recoller a roupa da cama
- ¿Cómo que igual lle diches unhas voltas á chisma da contraseña?
- O caso é que hoxe iba colle-la pequena...
- Coño, Noé...
- ¿Sabes cál é a clave?
- ...

Pasou unha estrela fugaz

De entre os blogs ós que estou suscrito hai soamente dous que non son nin de amigos, nin moi seguidos ou de referencia; é decir, que non teño ningunha razón en concreto para seguilos: basicamente, son personas normales, anónimas e perfectos extraños para min, pero un día coleime nos seus blogs sin que me vise naide e, como tampouco faigo muito ruído, eles siguen coas súas cousas e aínda non se deron conta de que tou alí.
A un cheguei por unha ventana fai uns tres anos, seguindo un link que se olvidaron medio adormecido na páxina da SER. Ao outro levoume Google o 26 de maio de 2008 cando estaba tratando de encontra-la cita exacta dunha viñeta do "Caderno de viaxe" de Craig Thompson.
O autor dun deles é un avogado madrileño dunhos 35 anos. Os do outro son dous irmáns, unha deles posiblemente informática, e poderían ser madrileños ou non, ter 35 anos ou igual 30. O avogado entrou na carreira diplomática fai un tempo e pode que esté destinado en Liberia e que sexa por eso que xa non escribe.
Os irmáns, sin estar na carreira diplomática, tamén levan unha boa ración de viaxes: viviron en Dublín e Berlín e viaxaron moito pola India, pero nunca deixaron constancia no seu blog de ter pisado Liberia.
Quere decirse con esto que non teñen por qué coñecerse de nada, que seguiron camiños moi distintos e moi separados na vida, e que é probable que o único vínculo existente entre eles na inmensidade sideral sexa eu.
Quere decirse con esto, tamén, que a miña maneira de chegar a eles foi o suficientemente errática como para que tivese chegado a calquer outro punto do espacio no seu lugar, e que as razóns polas cales me suscribín a eles non teñen ningunha lóxica; e que, por tanto, é unha demostración milagrosa, un feito único e sensacional coma unha alineación planetaria, que teña sucedido esto

sábado, 23 de abril de 2011

El armario de mi habitación (I...)

Mi habitación en la casa de la aldea estaba amueblada de sobras y restos. Tengo la sensación de que crecí demasiado inesperadamente y la cuna se me quedó pequeña, y entonces tuvieron que armarme una habitación infantil a toda prisa.
Así que me pusieron una cama de matrimonio que había venido de casa de mi tío, y con cinco años podía nadar dentro de ella durante horas sin llegar a los bordes, podría haberme echado a bucear bajo las mantas y nadie me hubiese encontrado nunca; una estantería que ya entró en la habitación llena de  patos de porcelana, postales de santos y un crucifijo roto de latón, y una mesilla con las escrituras de la casa en el cajón; pintaron las paredes de azul celeste, vistero la cama con un edredón del Depor, me colocaron sobre él coronando el pastel, y se quedaron satisfechos pese a que nada tenía sentido.
Lo único que no había venido de otra habitación, sino que había estado siempre allí, era un armario de roble, enorme y oscuro, tan pesado que el día que lo trajeron a casa fueron necesarios cinco hombres para ponerlo en su sitio, y echó raíces y llevaba allí décadas, viendo sucederse en su habitación generaciones de mi familia hasta llegar a mí, y aún después resistiría el futuro de la humanidad desde la misma habitación.
Mi madre no me dejaba curiosear dentro del armario. Estaba lleno de pesadas mantas de cama de matrimonio que acumulaban polvo año tras año, y de cosas sucias y trastos viejos, y de arañas y cucarachas, incluso es posible que alguna rata hubiese entrado en él haciendo un agujero en el tablón del fondo y ahora reinase en sus rincones oscuros. Por si fuera poco, un día mi prima me contó que, antes incluso de que mi madre naciese, mis tías se habían cortado una trenza cada una y las habían escondido dentro del armario.
Misterio y suciedad, esas eran las sensaciones. No sé si tenía realmente miedo o jugaba a tenerlo, pero finalmente poco importaba: convivía con el armario tocándolo lo menos posible; si necesitaba coger algo de él, una camiseta vieja por ejemplo, abría la puerta cuanto podía para que entrasen bien a luz y el aire, agarraba la camiseta lo más rápido posible con la piel de gallina en el brazo, y cerraba bruscamente. En las noches de verano se oían crujidos y yo tenía la sensación de que era la madera del suelo rompiéndose bajo el peso del armario, de que podría caérseme encima y tragarme, de que podría abrir un agujero en el suelo por el que se volcaría la cama conmigo dentro. Se oían crujidos y yo pensaba en una rata mordiendo la madera hasta abrir un pasadizo por el que bajar al suelo y meterse en mi cama enorme cuyas fronteras desconocía. Misterio y suciedad.
Y ahora hemos vuelto a la casa después de años, a hablar cara a cara con nuestros recuerdos. Mi madre me puso en la mano un bote de limpiamuebles, un par de guantes de látex y un trapo hecho con una camiseta vieja y, con tan poca armadura, me mandó a enfrentarme contra él.
Saqué de los estantes todas las mantas, todas las sábanas y los edredones; y recuperé el vestido de novia y los zapatos de mi madrina, y los metí en una bolsa para devolvérselos; tiré mucha ropa de cuando era niño, y desmonté los cajones de sus raíles y los volqué sobre una sábana extendida en el suelo y los aparté a un lado, y después vacié también el enorme arcón que le sirve de fondo, que estaba lleno de ropa de cama y mantas.
El armario se quedó por fin vacío, la madera desnuda. ¿Habéis leído ese cuento de Quim Monzó? En el que acaba picando las paredes, tirando los tabiques, arrancándose la piel... Yo quería hacer algo así, no detenerme en la superficie. Desmonté las baldas, levanté el tablón que tapa el arcón y luego saqué el arcón entero. Incluso desarmé una puerta, lo habría partido con un hacha para pegarlo después de haber podido, lo habría quemado para moldearlo de nuevo con sus cenizas.
Pero sólo tenía el bote de limpiamuebles, los guantes de látex y la camiseta vieja, así que me conformé con limpiar lo mejor que pude: pasar el trapo húmedo bien por todas las esquinas, sacudir el polvo y el serrín y después ir a por una escoba y barrer el suelo.
Para cuando hube acabado estaba ya anocheciendo. Antes de irme vi el último rayo de sol reflejarse en el suelo bajo el armazón vacío del armario. Me sentí más o menos satisfecho. Tendré que conformarme con eso.