En 1933, Maurice Wilson despegaba de Londres na avioneta Ever Wrest disposto a realizar un voo en solitario a través de medio hemisferio ata chegar ó Tibet. De conseguilo, a súa travesía sería unha fazaña digna dos mellores aviadores da época, pero para el era soamente o principio do camiño: unha vez alí pretendía aterrizar a media altura do Everest e atacar en solitario o cumio da montaña, converterse no primeiro home no teito do mundo, triunfando onde todos antes ca el fracasaran.
Wilson tiña o brazo esquerdo practicamente inmóbil por feridas de guerra, nunca antes escalara nin coñecía os rudimentos técnicos básicos do montañismo nin tiña a equipación necesaria; tampouco tiña prácticamente experiencia de voo, aínda que na súa corta vida de piloto conseguira que o Air Ministry inglés lle impuxera unha prohibición de volar, e por si tódolos anteriores non fosen suficientes impedimentos, pretendía levar a cabo as súas dúas fazañas consecutivas mentras, esencialmente, se mataba de fame de maneira planificada e sistemática.
Probablemente estivese tolo, pero era un home valente.
Entrara no exército ós 18 anos como soldado raso e durante a Primeira Guerra Mundial fora ascendendo rapidamente no rango ata licenciarse ós 21 con grado de capitán e medalla ó valor. Despois da Guerra pasara varios anos navegando sin propósito polo mundo, arrastrando unha crecente depresión e deixando tras de sí unha serie de fracasos sentimentais e empresariais, ata que finalmente, encontrándose en Australia sin ningún propósito na vida, decidiu que era momento de volver á casa.
O viaxe en barco dende Australia a Inglaterra durou varias semanas, nas cales trabou relación cos mariñeiros hindúes do barco, que pasaban as súas horas de descanso en xaxún e meditando en silencio. Desencantado do mundo como estaba, as prácticas destes mariñeiros fascinárono e cambiáronlle a vida: comezou a interesarse polas relixións orientais e a incorporaro as liturxias hindúes á súa propia rutina, formando unha mezcla propia entre o a súa herdanza cristiá e o hinduísmo.
Chegou a Inglaterra enfermo de tuberculose e, para desesperación da súa familia, insistiu en que se curaría mediante oración e meditación, e negouse a recibir tratamentos médicos. Durante os tres anos seguintes a súa vida consistiu nunha loita de ida e volta: era internado pola súa familia en hospitais ou clínicas de repouso cando estaba moi débil e escapa delas non ben gañaba algo de forzas.
Finalmente, en 1932 fugouse da súa casa. Estivo en paradeiro descoñecido durante dous meses, pero cando volveu á capital inglesa viña cheo de ánimos. Explicoulles que recibira o segredo da sanación mística dun misterioso gurú en Westminster, e que trala revelación fixera un viaxe iniciático a Gales, en donde rezara e practicara un estricto xaxún durante 35 días, tralos cales comparecía ante eles curado e pletórico de forzas.
Afirmaba que o seu método recuperaría a enfermos terminais despreciados pola medicina occidental, e decidiu dedica-la súa vida a espalla-la noticia das súa fé.
Durante aquela época, o Everest (o "terceiro Polo") era obxecto dunha pasión mediática semellante á que acompañara a conquista do Polo Sur dúas décadas antes. O Alpine Club e a National Geographic Society levaban anos financiando sucesivas expedicións cos mellores aventureiros do Reino para tratar de chegar á cima, e cada unha delas enchera as portadas de tódolos diarios da nación. As figuras de Irvine e Mallory, que morreran subindo ou ben baixando o Everest no 1924, entraran xa no panteón dos heroes nacionais á altura de Scott e os seus compañeiros.
Wilson decidiu aproveitar aquela moda para o seu beneficio: conquistaría o Everest para que o mundo vese de qué eran capaces os seus métodos.
Os seus preparativos foron esperpénticos e escasos. Comprou unha avioneta de segunda man e empezou a tomar clases, pero era tan mal alumno coma paciente e, aínda que finalmente acabou por obte-la licencia de piloto, foi despois de moitos aterrizaxes forzosos e exames suspendidos. Este retraso, que debeu de exasperalo, deixáballe sin embargo moito tempo libre, fóra das clases, para ocuparse do problema da escalada.
Sería xeneroso decir que o fixo: sin ter comprado equipación especial nin manifestado a máis mínima intención de aprende-los procedementos básicos da escalada, tras un mes de acampada no Lake District (no que se encontra o pico Scafell, ó que os seus case 980 metros de altura lle conceden o rimbombante título de montaña máis alta de Inglaterra) declarouse preparado para o reto do Everest.
Sería xeneroso decir que o fixo: sin ter comprado equipación especial nin manifestado a máis mínima intención de aprende-los procedementos básicos da escalada, tras un mes de acampada no Lake District (no que se encontra o pico Scafell, ó que os seus case 980 metros de altura lle conceden o rimbombante título de montaña máis alta de Inglaterra) declarouse preparado para o reto do Everest.
Fixo antes un último preparativo, probablemente pensado máis que nada para atraer publicidade á súa causa: un domingo pola mañán lanzouse en paracaídas sobre Londres, e aterrizou tranquilamente en Hyde Park, ante a sorpresa dos paseantes. O interés da nación comezou a volcarse naquel excéntrico fillo de muiñeiro que, co seu extraño misticismo e a súa escasa preparación, pretendía triunfar onde fracasaran Irvine e Mallory.
Así que, cando a finais de Abril do 1933 Maurice Wilson despegou na avioneta Ever Wrest, fíxoo con periodistas cubrindo o acto, e un numeroso público que fora a despedilo ó aeroporto. Por desgracia estrellou a avioneta nun prado en Fairfield menos dunha hora despois.
O aparato non sufriu grandes danos e puido ser arranxado, pero a noticia chegou ata o Air Ministry, que lle prohibiu volar porque era un accidente con alas e constituía un peligro, como mínimo, para sí mesmo.
Claro que nin siquiera unha prohibición por parte do goberno iba a frenalo. Tres semanas despois, o avión estaba reparado e Maurice Wilson, místico, ferido de guerra, sin idea de escalada, piloto aficionado como muito, inaugurou a súa nova condición de prófugo da xusticia despegando outra vez na (recién parcheada) avioneta Ever Wrest en dirección á gloria.
REFERENCIAS:
"Wing and a prayer", revista Climbing
"Sublimar lo imposible", Mauricio Fernández del Castillo
Claro que nin siquiera unha prohibición por parte do goberno iba a frenalo. Tres semanas despois, o avión estaba reparado e Maurice Wilson, místico, ferido de guerra, sin idea de escalada, piloto aficionado como muito, inaugurou a súa nova condición de prófugo da xusticia despegando outra vez na (recién parcheada) avioneta Ever Wrest en dirección á gloria.
REFERENCIAS:
"Wing and a prayer", revista Climbing
"Sublimar lo imposible", Mauricio Fernández del Castillo

Espero con impaciencia a nova entrega das aventuras deste tolo e extremista heroe (como todos os heroes deberan ser). Chegará ao Himalaya? Canto lle levará? Cantas pezas da avioneta orixinal chegarían á India, se é que chegou algunha?
ResponderEliminarEspero que o da impaciencia seña un decir.
ResponderEliminarTolo e valente. O antiheroe. Grande exemplo de persoeiro mediano da humanidade.
ResponderEliminar